Tecido vascular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
[[Ficheiro:Celery cross section.jpg|miniatura|dereita|250px|Sección do corte dun talo de [[apio]], mostrando o tecido vascular, que inclúe o [[floema]] e o [[xilema]].]]
[[Ficheiro:BrambleLeaf_CrossPolarisedLight_Diagram.jpg|miniatura|dereita|250px|Detalle da vascularización ou [[nervación (folla)|nervación]] nunha folla de ''[[Rubus fruticosus]]''.]]
O '''tecido vascular''' ou '''tecido condutor''' é un tipo de [[histoloxía vexetal|tecido vexetal]] complexo, formado por varias clases de células e compoñentes, a través docal se transportan líquidos ([[zume (botánica)|zumes]] brutoebruto e elaborado) polo interior da planta, que se encontra nas [[planta vascular|plantas vasculares]] ([[pteridófitas]] e [[espermatófitas]]). Os compoñentes primarios do tecido vascular son o [[xilema]] e o [[floema]]. O xilema é un sistema que transporta a través da planta auga e sales minerales disoltasdisoltos (zume bruto). O floema transporta nutrientes xa elaborados polas células ou orixinados na [[fotosíntese]] (zume elaborado). Tamén están asociados ao tecido vasular certos [[meristema]]s: o [[cámbium vascular]]. Todos os tecidos vasculares dunha planta constitúen o '''sistema de tecidos vasculares''' ou '''sistema vascular'''.
 
As células do tecido vascular son usualmente longas e delgadas. Dado que o xilema e o floema actúan como o sistema de transporte de auga, minerais e nutrientes na planta, non é de estrañar que a súa forma sexa similar a tubos. As diferentes células do floema están conectadas entre si polos extremos, como se fosen seccións dun tubo. A medida que a planta medra [[diferenciación celular|diferénciase]] novo tecido vascular nos extremos de crecemento da planta. O tecido novo alíñase co tecido vascular existente, mantendo a conexión a través da planta.
O tecido vascular disponse en longos [[feixe vascular|feixes vasculares]], que constan de xilema e floema e de células de soporte e protección. No [[talo]] e as [[raíz (botánica)|raíces]], o xilema está cara á parte máis interior do talo e o floema máis cara a exterior. Nos talos de [[dicotiledónea]]s [[Asteriidae]], pode haber floema tamén cara ao interior. nalunhasNalgunhas plantas, entre os tecidos vasculares hai tubos [[laticífero]]s.
 
Entre o xilema e o floema hai un [[meristema]] denominado [[cámbium vascular]]. As células deste tecido divídense diferenciándose en xilema e floema adicionais. Este crecemento incrementa o diámetro da planta. Mentres o cámbium vascular produza novas células, a planta continuará crecendo cada vez máis robusta. Nas [[árbore]]s e outras plantas leñosas, o cámbium vascular permite a expansión do tecido vascular que produce [[madeira]].
 
Nas [[folla]]s os feixes vasculares están situados no [[Mesófilo (botánica)|mesófilo]] esponxoso. O xilema está orientado mirando á cara adaxial da folla (xeralmente na parte de arriba ou face da folla). Esta é a razón pola que os [[áfido]]s que parasitan aas plantaplantas se encontran na cara inferior das follas (envés), onde se encontra o floema que transporta os azucres producidospola planta, e ademais está máis preto da superficie inferior (envés da folla).
 
== Plantas vasculares ==