A Arnoia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Véxase tamén: Arranxos varios
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 108:
 
== Historia ==
As primeiras probas da poboación detes lugar é o abrigo paleolítico de "os Chaos", baixo o aleirobeirado dun penedo, situado na desembocadura do río Arnoia no Miño.
Hai restos de [[castro (poboado)|poboados castrexos]] da [[Idade de Bronce]]. O [[castro de Lapela]] está nun outeiro a carón da desembocadura do Arnoia. Na súa acrópole ten dúas pilas megalíticas. O castro de Carnós, ou da Cibdade, ten unhas dimensións de 200 x 170 m, sen contar cos foxos.
 
En agosto de [[1978]] foron atopadas dúas [[Altar|aras]] romanas<ref>"Dos nuevas aras romanas en la provincia de Ourense". ''La Región'', 26 de agosto de 1978</ref>, conservadas no museo provincial. Son dúas aras votivas de granito, atopadas en Sendín. Unha ten a inscrición ''IOVI'' ("'a [[Xúpiter]]"'), e a outra ''SOLI'' ("'ao [[Sol]]"')<ref>[[Julio Rodríguez González|Rodríguez González, J.]]: ''Boletín Auriense''. Tomo IX (1979) pp. 289-293"</ref>. Que nos indica unha forte romanización do val, xa [[Florentino López Cuevillas]] teoriza con que se atopase un santuario prerromano no Coto Novelle, lugar de onde se extraía [[volframio]].
 
No seu libro ''Historia de Celanova y sus anejos'' o P. De la Cueva, no [[século XVII]], fala dos restos dun mosteiro en Outeirocruz que se fundara estando vivo [[Sansan Rosendo]] e que ditas terras lle foran doadas polo seu irmán Hermenexildo Gutiérrez (do cal se conserva en Celanova unha pequena capela prerrománica) e fundara un pequeno cenobio.
 
Mais adiante, aínda na Idade media, sábese da existencia dun mosteiro feminino (tal vez os restos do que debeu ser un mosteiro familiar mixto da alta idade media), xa que nun documento do [[século XIII]]<ref>Segundo escribe [[Samuel Eiján]] en ''Historia de Ribadavia y sus alrededores'', [[Manuel Murguía]] fixa a súa redacción en [[1216]], dado que aparecen mencionados o rei de [[Afonso IX de León]] e o bispo de Ourense Fernando Méndez.</ref> a abadesa do [[mosteiro de San Salvador de Arnoia|mosteiro de Arnoia]] afora a Fernán Pérez a herdade e viña de Soberal, a terra de Agromallo e a posesión monacal de Aveiro.
Liña 121:
Outros pazos ou casas grandes son a casa do Rial, a casa dos Valdés en Outeiro Cruz, con escudo heráldico dos Armada, Araújo, Losada e da Inquisición. A casa dos Uxía en Quinteiros, con dous escudos. A casa da Señora, en Lapela, con dous escudos: un coas armas dos [[Casa dos Sarmiento|Sarmiento]], Armada, Araújo e Feijóo, e no segundo os dos Castro.
 
Durante a [[guerraGuerra da Independencia Españolaespañola|Guerraguerra da Independencia]] houbo forte resistencia popular, loitando contra as tropas francesas que, ao mando do xeneral [[Louis Henri Loison|Loison]], ían desde [[Ribadavia]] a [[Allariz]]. Ante esa resistencia, en febreiro fixo matar a varios relixiosos e varios civís, segundo consta nas actas de defuncións da parroquia.
 
O [[25 de febreiro]] de [[1873]], durante a [[Terceira Guerra Carlista|terceira guerra carlista]], o [[Batallón de Cazadores de Galicia]] enfrontouse por esta zona aos partidarios de [[Carlos, duque de Madrid|Carlos VII]]. Para evitar que cruzasen o [[río Miño]], o Batallón decretou o peche das barcas de dito río de Castrelo e Porto Corveira. Os Carlistas incendiaran o rexistro civil e apropiáranse de bens de consumo, ademais de esixir 6.000 reais ao alcalde da Arnoia.
 
Durante a década de 1940 A Arnoia, como a maioría dos concellos galegos, sufriu unha forte emigración, maioritariamente cara a [[Arxentina]] e [[Uruguai]], onde se crearon o Centro Arnoia de Bos Aires e o Centro Arnoia de Montevideo, desde os cales se enviaron cartos para paliar certas deficiencias do concello. Amais doutras achegas menores, os de Bos Aires financiaron a chegada da luz eléctrica, e os de Montevideo construíron a Torre do Reloxo que serviu para fixar a hora xa que os veciños se pelexaban polo tempo que botaban uns e outros usando o regadío.
Liña 151:
A '''igrexa parroquial de San Salvador''' foi construída en [[1612]], segundo se le nunha inscrición da fachada. O seu retablo, de construción popular, é obra dun carpinteiro local. Destaca unha fiestra románica, ao parecer procedente da capela que existía anterior­mente no mesmo lugar. No interior hai dous escudos de armas, un deles da Inquisición.
 
A '''casa rectoralreitoral''' é o antigo Prioratopriorado, que dependía do [[mosteiro de Celanova]]; ostenta as armas da abadía fundada por [[Rosendo de Celanova|Sansan Rosendo]]: a cruz, o compás e o espello.
 
Hai varias capelas: a '''capela de San Roque''' data do século XVIII. A '''capela da Nosa Señora da Asunción''', en Lapela. A '''capela de Santo Antón''', en Remuiño. A '''capela de San Amaro''' data dos séculos XII e XV, con bóveda de pedra no presbiterio de estilo románico. Na '''capela de San Miguel''' celébrase unha romería a primeiros de maio.
Liña 165:
 
<gallery>
Ficheiro:A Arnoia. Río Miño-8.jpg|O [[río Miño]] ao seu paso pola Arnoia.
Ficheiro:Ribadavia Arnoia 060115 01.jpg|Arnoia, río.
Ficheiro:Arnoia Miño 060115 07.jpg|Río ó paso por Arnoia.
Ficheiro:Carro Ribadavia 060115 05.jpg|Carro tradicional galego (Arnoia).
Ficheiro:Arnoia_Balneario_060115_15Arnoia Balneario 060115 15.jpg|Balneario en Arnoia.
Ficheiro:Centro de Saúde da Arnoia.jpg|Centro de Saúde da Arnoia.
</gallery>