Minerais na alimentación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Oligoelementos: Arranxos varios, replaced: tiroidea → tiroide
Toliño (conversa | contribucións)
m *transtorno -> trastorno
Liña 1:
[[Ficheiro:Alimentos01eue.jpg|miniatura|250px| A roda dos alimentos.]]
Entre tódolos minerais presentes na natureza, só 26 son considerados '''minerais esencias na alimentación humana''', necesarios para un desenvolvemento normal e un nivel de saúde conmpleta. Estes minerais deben inxerirse cos [[alimento]]s dos que forman parte, e unha [[dieta]] suficiente e equilibrada cubre satisfactoriamente tódalas nosas necesidades nestes elementos, de modo que só en casos de desnutrición ou de necesidades aumentadas ha de suplementarse esa inxesta.
 
Liña 11:
 
== Función nutritiva dos minerais ==
Os minerais necesarios na alimentación cumpren, fundamentalmente, funcións estruturiais (na constitución de estruturas orgánicas, como ósos, dentes, parede celular etc.) e reguladoras (interveñen na transmisión do impulso nervioso, na contractibilidade muscular, na permeabilidade das paredes celulares, regulan o equilibrio ácido-básico etc.). A carencia dun ou doutro mineral produce transtornostrastornos funcionais, malformacións e outras patoloxías de distinta gravidade, en función do elemento de que se trate.
 
Están presentes en tódolos alimentos, en maior ou menor proporción. Absórbense a través da [[intestino|mucosa intestinal]] e elimínanse coa [[urina]] ou coas [[feces]]. A dispoñibilidade dos minerais (a fracción do mineral que é realmente aproveitable na dixestión) é moi variable segundo o alimento, a súa forma de preparación e conservación, a presenza ou ausencia doutros elementos inxeridos, a idade, o estado de saúde etc. Nalgúns casos, como no sodio, potasio ou cloro, hai que chegar a niveis de desnutrición moi severos para que se manifesten síntomas de déficit alimentario.