Ángel Castro Argiz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
==Traxectoria==
En Galicia era un campesiño, o maiormáis vello de tres irmáns. En [[1895]] principiaron os independentistas cubanos a súa guerra con [[España]] e inda que Ángel quedou libre do [[servizo militar|servizo]] por sorteo, aceptou por cartos substituír un mozo da [[A Coruña|Coruña]], un costume naquela época que permitía que os fillos das familias con máis recursos librar do servizo militar pagando un substituto. Grazas aos cartos recibidos puido pasar a guerra nun economato militar e nos servizos de fornecemento en Cuba. Despois da guerra, foi deportado de Cuba e tras unha estadía en Galicia marchou para [[Madrid]], pero volveu de novo á illa en [[1905]], onde tivo éxito no negocio e fíxose un rico propietario. Conseguiu facer fortuna vendendo [[azucre]]. Era o propietario dun [[latifundio]], Manacas, de 10.500 hectáreas, que tiña na súa maior parte arrendada, pero da que explotaba directamente 770.
 
Segundo o seu fillo [[Ramón Castro|Ramón]] o seu pai chegou a Cuba como recruta en [[1895]] polo exército de España. [[Juana Castro|Juanita]], a outra filla de Ángel, contradixo esta demanda afirmando que o seu pai era simplemente un nómade económico en Cuba.<ref>Ana Louis Bardach: Cuba p.59 ''Confidencial durante la República Cubana''</ref>.