Sisnando II de Iria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Sisnando Menéndez''' (m. 29 de marzo de [[968]]), máis coñecido como '''Sisnando II''' de [[Iria Flavia, Padrón|Iria]], nobre e bispo [[Galicia|galego]] da [[Idade Media]], fillo do conde [[Hermenexildo Aloitez]] e Paterna Gundesindez (fundadores do [[mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes]]). Fíxose cargo dos enclaves militares para a defensa da costa galega contra os ataques de piratas [[Viquingo|viquingos]] e [[Sarraceno|sarracenos]]. Sobre o ano [[960]] levantou un castelo sobre o [[Castro (poboado)|castro]] de Cedofeita, restaurou as torres da [[Torre da Lanzada|Lanzada]] ([[O Grove]]) e [[Torre de San Sadurniño|San Sadurniño]] en [[Cambados]], que, xunto con outros puntos coma o miradoiro de [[Monte Lobeira|Lobeira]], o Facho de [[Donón, O Hío, Cangas|Donón]] ([[Cangas]]) e o campanario de sanSan Cibrán de [[Cálago, Vilanova de Arousa, Vilanova de Arousa|CalogoCálago]] (Vilanova de Arousa) compoñían un sistema de vixilancia e defensa costeira contra ataques tanto por mar coma polo interior.
 
O bispo Sisnando conseguiu do rei [[Sancho I de León]] ''o Craso'' permiso para amurallar a cidade de [[Santiago de Compostela|Compostela]], á que dotou de novas torres grandes e fosos reforzando a catedral, pero finalmente Sisnando se rebelou contra o rei e se encarcerou. No seu lugar foi nomeado [[Rosendo de Celanova|san Rosendo]] como bispo de Iria Flavia, pero á morte de Sancho I fuxiu do cárcere e expulsou a san Rosendo pola forza de Compostela, que lle profetizou «Aquel que a espada fere, a espada morrerá» cando o deposto Rosendo foi violentado no seu apousento a noite de nadalNadal do ano [[966]].
 
No ano 968 entran en Galiza os [[Viquingos en Galicia|viquingos]] de [[Gunrod]] e aproveitando a desorde avanzan por estes territorios sen apenas resistencia; [[Ramiro III]] sucedera a Sancho I no trono de León con tan só cinco anos e parte da nobreza galega, inimiga de Ramiro III, non apoiou as mulleres rexentes (a súa nai Tareixa e a súa tía Elvira) que non puideron organizar un exército para facer fronte aos escandinavos. Os campesiños fuxiron dos campos e os viquingos cometeron todo tipo de desmandos, o exército de Gunrod arrasou as igrexas de Boente, Santa Olalla de Curtis e os seus monxes foron feitos prisioneiros.