S'Espalmador: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 39:
 
== Historia ==
Existen restos de instalacións púnicas non escavadas que indican que existiu un asentamento entre os séculos [[Século -III|III]] e [[Século -I|I a.C]]. Nun promontorio ao norte da illa hai un xacementoxacimento arqueolóxico que podería ser unha vila romana.
 
Durante os séculos [[Século XVI|XVI]] e [[Século XVII|XVII]], cando [[Formentera]] estaba practicamente despoboada, s'Espalmador foi escenario dalgunsdalgúns episodios bélicos entre piratas e [[Eivisa|eivisencos]].
 
Despois da repoboación de [[Formentera]], os recursos de s'Espalmador eran aproveitados a través da [[pesca]] e a extracción de ''marès'', unha rocha sedimentaria balear. Durante o [[século XX]] foi un punto estratéxico para o tráfico de productosprodutos de contrabando.
 
Ao norte de s'Estanyol hai unha casa tradicional, chamada Can Vidal, que foi habitada desde o [[século XIX]]. En [[1927]] a illa foi comprada polo empresario [[Mataró|mataroní]] Bernard Cinnamond James, dom Bernat. Construíronse vivendas no Racó de S'Alga, ao norte da praia de S'Alga, cun oratorio dedicado a San Bernardo. Na actualidade é unha residencia de verán e a illa é propiedade dos seus descendentes.