Oso polar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 4088181 de 187.222.84.2 (conversa) por favor, usa el gallego, no español
Miguelferig (conversa | contribucións)
m ligazón
Liña 57:
Todo o seu corpo está adaptado para o mellor desenvolvemento na auga e para o frío. Tanto as orellas como os ollos son pequenos e arredondados. As patas dianteiras son longas para facer máis doada a natación e o mergullo e as patas posteriores teñen 5 dedos. O cranio e o pescozo son alongados. Todas esas adaptacións proporciónanlles unha maior [[hidrodinámica]] que facilita a natación. As plantas dos pés teñen papilas que facilitan camiñar sobre o xeo.
 
A [[pelaxe]] dos osos polares é branca e cobre todo o corpo, inclusive a planta das patas, como illamento do frío. Componse dunha densa capa de subpelo (5 cm) e unha capa de pelos externos (15 cm). O pelo individual é transparente e oco. No [[verán]] a pelaxe tórnase amarelada por mor da oxidación producida polo sol. Ao contrario dos demais mamíferos árticos, os osos polares non sofren proceso de muda estacional. Os pelos nas plantas das patas son duros e proporcionan excelente illamento térmico e tracción sobre a neve. O illamento térmico proporcionado pola pelaxe xeral é tan eficiente que torna o animal practicamente invisíbel a detectores [[infravermello]]s. Por riba dos 10 °C, con todo, isto pode levar ao sobrequecemento do animal. Outra característica da súa pelaxe é non reflectir a luz [[ultravioleta]].
 
Algúns animais cautivos, expostos a climas quentes e húmidos, desenvolven unha cor verde grazas a [[alga]]s que crecen nos seus pelos ocos. Tales algas non son nocivas para o animal e son eliminadas con baños de [[auga osixenada]] ou sal.