Nectario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m anxiospermas
m Arranxos varios
Liña 1:
Un '''nectario''' é toda [[glándula]] nun [[plantae|organismo vexetal]] capaz de producir e secretar [[néctar]]. Os nectarios son comúns en [[flor]]es, ofrecendo unha fonte de líquidos e [[hidrato de carbono|hidratos de carbono]] a animais, que así poden actuar na [[polinización]] das plantas, mais tamén pódense atopar nectarios en diversos outros [[órgano]]s, coas máis diferentes finalidades.
 
== Orixe ==
 
A evolución dos nectarios nas [[anxiospermas]] posiblemente foi relativamente tardía. Os grupos de Anxiospermas considerados "basais" polos métodos modernos de [[filoxenia]] raramente presentan [[secreción]] de néctar, ben sexa nas súas flores ou en calquera outro órgano. O nectario xorde en grupos máis derivados, xeralmente asociados ás flores. É posible que a secreción de néctar teña orixinalmente sido feita a través da propia [[epiderme (plantas)|epiderme]] dos [[pétalo]]s, e a partir de aí irradiado para diferentes formas.
Liña 7:
== Nectarios florais ==
[[Ficheiro:Nectar.jpg|miniatura|esquerda|200px|Nectarios florais de camelia]]
Os nectarios florais son glándulas cunha mesma función primordial, mais con características morfolóxicas completamente distinguidas, e, moitas veces, aparentemente sen calquera relación entre si.
 
É difícil determinar a forma máis común, mais hai 4 principais tipos de nectarios florais:
 
* Disco nectarífero: masa cerosa, continua ou descontinua, normalmente posicionada ao redor do [[ovario (botánica)|ovario]], no centro da flor. É un caso común en [[Rosaceae]], [[Meliaceae]], [[Rutaceae]], [[Fabaceae]], [[Convolvulaceae]], e outras grandes familias.
* Nectario septal: o néctar é secretado directamente da epiderme da parede externa dos [[carpelo]]s, ao momento de contacto entre eles. Nos [[septo]]s fórmase unha cavidade que é cuberta polo néctar, que, por capilaridade, é conducido á superficie da flor. Ocorre en case todas as [[Monocotiledónea]]s.
* Pelos nectaríferos: son pelos ocos que producen e secretan o néctar. Poden estar localizados en calquera punto da [[corola]], ou mesmo sobre os [[estame]]s e ovario. Son comúns en [[Bignoniaceae]], entre outras.
* Difuso: cando é producido e secretado por células epidérmicas dos pétalos, sen calquera estrutura especializada. Ocorre en [[Ericaceae]], algunhas [[orquídea]]s, [[Cactaceae]], algunhas [[Ranunculaceae]], entre outras.
 
Normalmente acéptase que algunhas estruturas florais secretoras doutras sustancias que non o néctar deriváronse de nectarios florais comúns. É o caso do xénero ''[[Clusia]]'', que posúe un anel descontinuo de glándulas no centro da flor que producen un tipo de [[resina]] pegañenta apreciada por certas abellas, sen moita relación química co néctar común. Nalgunhas especies brasileiras do xénero ''[[Combretum]]'' hai glándulas como discos nectaríferos que secretam un [[xel]] consistente e pouco adocicado, apreciado por [[periquito]]s.
Liña 20:
== Nectarios extraflorais ==
[[Ficheiro:Prunus-laurocerasus-extrafloral-nectaries.jpg|miniatura|200px|esquerda|Nectarios extraflorais no envés das follas.]]
A pesar de súa funcionalidade como un atractivo para polinizadores, os nectarios non se restrinxen á flores. Hai casos excepcionais de nectarios extraflorais coa función de promover a polinización. Ocorre principalmente en [[Euphorbiaceae]] (cuxas flores diminutas poden estar acompañadas por glándulas nas [[inflorescencia]]s, próximas a elas). Xa na familia [[Marcgraviaceae]], o pedicelo que sustenta a flor presenta unha estrutura semellante a unha xarra, pendente por un pedúnculo. No interior da xarra hai produción de néctar abundante. Os paxaros, e até mesmo algúns monos, obrigados a pousar sobre as flores para alcanzar o néctar, cárganse de pólen antes de partiren para outra inflorescencia.
 
É común a ocorrencia de glándulas nectaríferas en follas ou no [[talo]], xeralmente cunha función protectora. A secreción de azucre, exposta e accesible de xeito doado, atrae [[formiga]]s, que en contrapartida defenden esta fonte de alimento contra predadores. Isto acontece nalgunhas especies dos xéneros ''Impatiens'', ''Sapium'', ''Croton'', ''Jatropha'', ''Inga'', e moitos outros.
 
Un dos exemplos máis asombrosos da función secundaria dos nectarios en protexer as plantas é o que ocorre no xénero ''Passiflora''. Os principais predadores das follas de ''Passiflora'' son varias especies de [[bolboreta]]s, que depositan seus ovos sobre as follas. Neste grupo, alén do nectario floral, a maior parte das especies presenta nectarios nas follas, sexa no seu limbo ou no pecíolo, na forma de pequenas clavas ou verrugas. Nalgunhas especies, eses nectarios conservan a súa funcionalidade como secretores de néctar, e actúan na atracción de formigas, que á súa vez preservan a súa fonte de alimento.
 
Non obstante, en certas especies, a capacidade de producir néctar destas glándulas foi suprimida, aínda que conservasen a súa morfoloxía orixinal. Aparentemente indefensos sen as formigas, estes ''Pasiflora'' teóricamente serían presas doadas. Mais nestas especies, os nectarios aparentemente inútiles asumen cores e formas semellantes aos ovos das bolboretas, cuxos vermes se alimentarían das súas follas. Ao entender estruturas semellantes a ovos da súa propia especie, as bolboretas ignoran estas plantas e procuran outras especies para desovar.
 
[[Categoría:Termos botánicos]]