Casa de Habsburgo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 58:
== Traxectoria ==
O nome Habsburgo provén do castelo suízo ''Habichtsburg'' (castelo do falcón), que era a residencia familiar dos Habsburgo durante os [[século XI|séculos XI]], [[século XII|XII]] e [[século XIII|XIII]], no que hoxe é o [[Cantón de Argovia]], no antigo ducado de [[Suabia]], na actual [[Suíza]] (Suíza non existía entón na súa forma actual, e as terras suízas formaban parte principalmente do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]]).
 
[[Ficheiro:Armoiries Habsbourg.svg|200px|miniatura|esquerda|Escudo de armas dos primeiros condes de Habsburgo.]]
 
Desde o suroeste de [[Alemaña]] (principalmente [[Alsacia]] —hoxe en [[Francia]]—, [[Brisgovia]], [[cantón de Argovia|Argovia]] e [[cantón de Turgovia|Turgovia]]) a familia estendeu a súa influencia e asentamentos até os extremos do sueste do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], aproximadamente o que é hoxe en día [[Austria]] ([[1278]]-[[1382]]).
 
En só dúas ou tres xeracións, os Habsburgo lograran obter un alcance inicialmente intermitente no trono imperial que duraría séculos (1273-1291, 1298-1308, 1438-1740 e 1745-1806).
 
A casa de Habsburgo subiu por primeira vez ao trono imperial con Rodolfo IV, que reinaría como [[rei dos Romanos]] desde o [[29 de setembro]] de [[1273]] ao [[15 de xullo]] de [[1291]] como [[Rodolfo I de Habsburgo|Rodolfo I]].
 
En [[1278]], tras a derrota e morte do [[Reino de Bohemia|rei de Bohemia]] [[Otokar II]] na [[batalla de Dürnkrut]], o rei dos Romanos (non chegou a ser coroado emperador do [[Sacro Imperio]]) obtivo os ducados de [[Austria]] e de [[Istria]], que deu aos seus fillos. Deste xeito foi como Rodolfo I iniciou o dominio da familia sobre Austria.
 
Morto Rodolfo I, os Habsburgo non puideron manterse no poder do Sacro Imperio. Alberte, o seu fillo, sucedeuno en [[1298]] como [[Alberte I de Habsburgo|Alberte I]], pero foi asasinado en [[1308]].
 
Afastados pola poderosa [[casa de Luxemburgo]], os Habsburgo foron excluídos dos asuntos do Imperio. Cando a [[Bula de Ouro]] (constitución selada de ouro, dada polo soberano do Sacro Imperio) fixou en [[1356]] os [[electorado|sete principes electores]] do rmperador, os Habsburgo non estiveron na lista. As súas terras suízss estaban ameazadas pola acabada de nacer [[Confederación Helvética]]. Por outro lado, a conquista da [[Carniola]] en [[1335]], do [[Rexión de Tirol|Tirol]] en [[1363]], dunha parte de [[Istria]] en [[1374]] e de [[Trieste]] en [[1382]] consolidaría o ducado da Austria, base do seu poder.
Liña 78:
A extinción da casa de Luxemburgo permitiu aos Habsburgo recuperar a coroa imperial. As eleccións de [[Alberte II de Habsburgo|Alberte II]] como [[rei dos Romanos]] en [[1438]] e de [[Federico III de Habsburgo|Federico III]] como rei dos Romanos en [[1440]] (coroado como emperador en [[1452]]), marcarían o inicio dunha presenza duradeira no poder do [[Sacro Imperio]].
 
Despois do matrimonio de [[Maximiliano I de Habsburgo|Maximiliano I]], fillo de Federico III, con [[María de Borgoña|María]], herdeira do [[Ducado de Borgoña]] (que controlaba os [[Países Baixos borgoñóns]]) e o matrimonio de seu fillo [[Filipe I de Castela|Filipe o Fermoso]] con [[Xoana I de Castela|Xoana]], herdeira de [[Castela]] (filla dos [[Reis Católicos]]), propiciou que [[Carlos I de España]] herdara o [[Reino de Castela|Reinos de Castela]], [[Reino de Aragón|Aragón]], os do sur de [[Italia]] ([[Reino de Nápoles|Reinos de Nápoles e Sicilia]]), [[Austria]], o [[Rexión de Tirol|Tirol]] e os [[Países Baixos borgoñóns|Países Baixos]] (Carlos foi elixido emperador en [[1520]] como Carlos V).<ref>[http://www.jenspeterkutz.de/studienarbeiten.html "Karl V. (1500-1558) - Kaiserwahl und Kaiseridee"].</ref>
 
En [[1580]] o seu fillo [[Filipe II de España|Filipe II]] herdou [[Portugal]] e as súas colonias. Por outra parte, Carlos nomeou herdeiro do Imperio ao seu irmán [[Fernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Fernando]] (que reinou como Fernando I).
 
== Galería ==
Liña 94:
<center>'''Herdanza do emperador Carlos V, Carlos I como rei de España'''</center>
[[Ficheiro:Herencia del Emperador Carlos V, Carlos I como Rey de España.svg|700px|center]]
 
 
Baixo o emperador [[Maximiliano II, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Maximiliano II]], fillo de Fernando I, os Habsburgo adquiriron a terra onde anos despois construirían o ''[[Palacio de Schönbrunn]]'': o palacio de verán dos Habsburgo en [[Viena]] e un dos símbolos máis duradeiros da dinastía.
 
 
<center>'''Árbore xenealóxica da casa de Habsburgo'''</center>
[[Ficheiro:Habsburgo.svg|miniatura|centro|500px]]
 
 
 
== Notas ==