Viriato: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 30:
En [[-140|140 a.C.]] Viriato infrinxe unha derrota decisiva a [[Fabius Maximus Servilianus|Fabio Máximo Serviliano]], novo [[Cónsul romano|cónsul]], onde morreran en combate preto de tres mil romanos. Serviliano consegue manter a vida ofrecendo promesas e garantías da autonomía dos [[Lusitanos]] e Viriato decide non o matar. Ao chegar a Roma a noticia dese tratado, foi considerado humillante para a poder romano e o [[Senado romano|Senado]] volta atrás, declarando guerra contra os Lusitanos.
 
Así, Roma envía novo xeneral, [[Servilio Escipión]] que tiña o apoio das tropas de [[Popilio Lenas]]. Este renova os combates con Viriato, xa enfraquecido das loitas, e fórzao a pedir a paz, obrigándoo a entregar algúns compañeiros, como [[Astolpas]], seu sogro. Envía, neste proceso, tres comisarios da súa confianza, Audas, Ditalco e Minuros. Escipión recorreu ao suborno dos compañeiros de Viriato, que asasinaron o gran xefe mentres durmía.
 
Despois do seu asasinato, [[Décimo Xunio Bruto Galaico|Décimo Xunio Bruto]] pode marchar para o noroeste da Península, atravesando o [[río Douro]] e subxugando ao norteoeste da [[Península Ibérica]], a futura [[Gallaecia]].