Gol de prata: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 20 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q918328
m Arranxos varios
Liña 1:
O '''gol de prata''' foi un método para determinar o gañador dun partido de [[fútbol]] que termina empatado despois do tempo regulamentario.
 
== Características ==
Tras as críticas ao uso do [[gol de ouro]], a [[UEFA]] e a [[IFAB]] propuxeron a creación deste sistema. Do mesmo xeito que o gol de ouro, xogaríase unha [[prórroga]] de dous períodos de 15 minutos. En caso da anotación dun [[gol]] durante un dos períodos, o partido terminaríase ao final deste tempo. Así, se se anotaba un gol durante os primeiros 15 minutos do tempo extra, deberíase terminar de xogar este período, outorgando ao equipo en desvantaxe a posibilidade de remontar o marcador. No caso de que pasados os dous tempos non rompa o empate, o gañador defínese mediante [[Penalti|penaltispenalti]]s.
 
Este método tivo moito menos impacto que o [[gol de ouro]], pois só se utilizou nalgúns partidos de competicións internacionais europeas. Do mesmo xeito que o gol de ouro, o gol de prata foi abolido tras celebrarse a [[Eurocopa 2004]]; o último gol de prata foi o anotado por [[Traianos Dellas]] para [[selección de fútbol de Grecia|Grecia]] na semifinal deste evento ante [[selección de fútbol da República Checa|República Checa]].