Pelaxe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 12:
*Pelos da capa superior ou de cobertura. A capa superior consta de pelos máis longos, xeralmente máis bastos, con talos case rectos, que fan protrusión entre os pelos da capa inferior. Os extremos distais destes pelos orixinan a capa visible externamente da pelame da maioría dos animais con pelame ben desenvolvida. Esta capa mostra a [[pigmento biolóxico|pigmentación]] e brillo máis marcado, incluíndo os patróns de debuxo e coloración adaptados para a exhibición ou a [[camuflaxe]]. Tamén está adaptada a protexer da auga e bloquear a luz solar, protexendo así a capa inferior e a pel de factores externos como a chuvia e a [[luz ultravioleta]]. Moitos animais, como os gatos domésticos, poden ourizar os pelos desta capa como parte da súa exhibición de ameaza cando son inquietados.
 
Os mamíferos con capas inferior e superior de pelo ben desenvolvidas tamén adoitan ter un gran número de pelos intermedios. Estes empezan o seu crecemento de forma similar aos pelos típicos da capa superior, pero cambian o seu modo de crcemento, xeralmente cando emerxeu menos da metade da lonxitude do pelo. O resto do crecemento é formando un pelo delgado e ondulado, similar ao pelo da capa inferior. En moitas especies de mamíferos, estes pelos comprenden a maior parte da súa pelame visible. A parte proximal destes pelos ten a mesma función que os pelos da capa inferior, mentres que a parte distal achega a función de protección contra a auga que teñen os pelos a capa superior, aíndaínda que a súa porción basal delgada impide que poidan ser ourizados como os verdadeiros pelos da capa superior.
[[Ficheiro:Wet Fur - CGI.jpg|miniatura|Pelame de auga xerada por computador.]]