Dúas Árbores de Valinor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario/-/termo/deterioraci%C3%B3n
Liña 39:
== Significado Externo ==
 
As Árbores son unha manifestación do axis mundi, un elemento mitolóxico habitual que conecta o ceo e a terra, transmitindo a esta última a orde e o resplandor do divino (neste caso, [[Ilúvatar]] sería o divino, e a Terra Media a terra). O axis mundi é un compás que fornece ao resto do mundo orde, equilibrio e dirección, e oa seusúa deteriorodeterioración ou destrución provocan o caos.
 
Aínda que existe un axis mundi en case que toda a mitoloxía literaria, se cadra as Dúas Árbores lembran de maneira especial á árbore de [[Yggdrasil]] da mitoloxía nórdica. En ambos os casos as árbores son conceptos cósmicos, xa que a súa esencia é o que dará lugar máis adiante á Lúa e ao Sol. Outra reminiscencia é a das dúas árbores máis importantes do [[Xardín do Edén]], a [[Árbore da Vida]] e a [[Árbore da Sabedoría do Ben e do Mal|Árbore da Sabedoría]], posto que en ambas as historias as árbores son fonte de orientación e vida, e un vínculo coa divindade.