Real Coro Toxos e Froles: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎Fundación: Arranxos varios
Liña 19:
A fundación do Coro Toxos e Froles data de [[1914]] e parece estar relacionada co interese do [[gaita|gaiteiro]] [[Manuel Lorenzo Barxa]] por crear unha agrupación á imaxe e semellanza do primeiro coro galego' [[Aires d'a Terra]]. Tamén se debe considerar a existencia da agrupación ferrolá [[Airiños d'a miña Terra]] como o seu precedente inmediato e máis próximo.
 
A presentación pública do coro Toxos e Froles faise no [[Teatro Jofre]] de Ferrol un sábado, o [[29 de maio]] de [[1915]]. A primeira bandeira do coro foi conseguida por subscrición popular e entregada polo poeta ourensán [[Antonio Rey Soto]], representante das [[Irmandades da Fala]]. Naqueles tempos os lazos de amizade entre as irmandades e as agrupacións artísticas era moi forte. O papel de Toxos e Froles na fundación da [[Irmandade da fala de Ferrol]] en [[1918]] foi crucial.
 
O coro, con Lorenzo á cabeza, forma parte dos programas de moitos festivais galegos. No mes de xuño do ano [[1922]] realízanse as primeiras gravacións discográficas da agrupación.