Arthur Griffith: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Arthur_Griffith_(1871-1922).jpg|130px|miniatura|dereita|'''Arthur Griffith''' <br>(1872&ndash;1922)]]
'''Arthur Griffith''' ou ''Art Ó Griofa'', nado en en [[Dublín]] o [[31 de marzo]] de [[1872]] e finado o [[12 de agosto]] de [[1922]], foi un líder nacionalista irlandés, un dos que se encargou da negociación co goberno británico e pola cal [[Irlanda]] quedou dividida en dúas partes.
 
== Traxectoria ==
Foi o fundador, no ano 1899, da revista ''[[United Irishman]]'', na cal colaboraron as máis prestixiosas plumas irlandesas, entre a cal destaca dun xeito preferente a do poeta [[William Butler Yeats]]. El mesmo foi partícipe literario da súa publicación colaborando con editoriais a favor do autogoberno irlandés. No ano 1902 fundou unha organización que seria o caldo de cultivo do que posteriormente se convertería no [[Sinn Féin]], movemento que naqueles momentos avogaba por unha Irlanda autónoma, aínda que non independente do Reino Unido.
 
Non existe ningunha constancia que Griffith participase no [[levantamento de Pascua]] de 1916, con todo os británicos encarcerárono como instigador e aínda que o seu período carcelario foi curto, aproximadamente dun ano, foi levado de novo a prisión un ano máis tarde sen ningunha razón legal e simplemente baseándose que era un líder nacionalista.
 
As eleccións xerais de 1918, levaron aos líderes do [[Sinn Féin]] ao poder, e os novos membros do Parlamento, que se reunían co nome de ''Dáil Éireann'' ou Asemblea de Irlanda, van elixir a [[Éamon de Valera]] como presidente da nación e a Griffith como o seu vicepresidente. A guerra aberta contra os británicos era inminente. A guerra de desgaste e guerrilla que os irlandeses iniciaran, baixo a supervisión de [[Michael Collins (político)|Michael Collins]], contra o exército británico obtivo os seus froitos. E así, no ano 1921, Griffith foi encargado de encabezar unha delegación que tratase de buscar unha paz cos británicos e na cal se recoñecese o [[Estado Libre de Irlanda]] (coa sinatura final do [[Tratado Angloirlandés]] ). Aínda que Griffith foi elixido presidente en xaneiro de 1922, non tivo tempo de consolidarse no poder, morreu o [[12 de agosto]] deste mesmo ano, moi pouco despois de que a guerra civil se apoderase do país.