Omaha, Nebrasca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
achegar
Liña 44:
Omaha foi fundada en [[1854]] por especuladores da veciña [[Council Bluffs, Iowa|Council Bluffs]] ao longo do [[río Missouri]]. Durante o [[século XIX]], a localización de Omaha no centro dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] fixo que a cidade se convertese nun importante centro de transporte. Ao longo do resto do século, os sectores do transporte e do comercio foron moi importantes na cidade, xunto cos seus ferrocarrís e as súas fábricas de cervexa. No [[século XX]], os matadoiros de Omaha, uns dos máis grandes do mundo, e as súas plantas empacadoras de carne, gañaron moita importancia a nivel internacional.
 
Hoxe en día, Omaha é a sede de cinco compañías que se atopan na lista Fortune 500: ConAgra Foods, Union Pacific Corporation, Mutual of Omaha, Peter Kiewit and Sons, Inc., e Berkshire Hathaway. Berkshire Hathaway está encabezada polo inversorinvestidor local Warren Buffett, que foi a persoa máis rica do mundo na primeira metade do ano [[2008]]. Tamén é a sede de catro empresas Fortune 1000: TD Ameritrade, West Corporation, Valmont Industries, e Werner Enterprises. O First National Bank of Omaha é o maior banco de capital privado dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. As oficinas centrais de Leo A Daly for Leo A Daly, HDR, Inc. e DLR Group, tres das 30 principais firmas de arquitectura e enxeñería do país están localizadas en Omaha.
 
A economía moderna de Omaha é variada e constrúese sobre empregos especializados. O turismo na cidade aportaachega moitos beneficios á súa economía, aportandoachegando o torneo anual de [[béisbol]] [[College World Series]] importantes ingresos e sendo o [[Henry Doorly Zoo]] da cidade a principal atracción de [[Nebraska]]. Omaha acolleu as probas de natación para as Olimpíadas en [[2008]] e fará o mesmo en [[2012]].
 
Un movemento de conservación histórica en Omaha permitiu que varios edificios históricos e distritos fosen designados como monumentos da cidade ou inscritos no Rexistro Nacional de Lugares Históricos. Dende a súa fundación, os grupos étnicos da cidade agrupáronse en enclaves do norte, centro e sur de Omaha. Hoxe en día a cidade conta con gran variedade de lugares de espectáculos, museos e patrimonio musical, incluída a historicamente significativa escena jazz de North Omaha e o moderno e influente "Omaha Sound". Os deportes teñen sido de gran importancia durante máis dun século, e a cidade actualmente conta con tres equipos profesionais. Omaha ten tamén varias sendas recreativos e parques localizados por toda a cidade.