Brooklyn Nets: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Elisardojm (conversa | contribucións)
doutra
Liña 34:
Para a segunda tempada, o equipo optou por permanecer en [[Long Island]], mudando o seu nome polo de New York Nets. O nome foi escollido para que estivese en concordancia cos outros dous equipos deportivos profesionais de Nova York que nese intre xogaban en [[Long Island]]: os [[New York Mets]] da [[Major League Baseball|MLB]] e os [[New York Jets]] da [[National Football League|NFL]].<ref name="Americans" />
[[Ficheiro:Erving Lipofsky.jpg|thumb|right|[[Julius Erving]], estrela dos Nets entre 1973 e 1976.]]
O equipo rematou último na súa primeira tempada en Nova York cun pobre resitro de 17 vitorias por 62 derrotas, utilizando durante o ano un total de 23 xogadores.<ref>{{cita web|url=http://www.basketball-reference.com/leagues/ABA_1969.html|título=1968-69 ABA Season Summary|obra=Basketball Reference|dataacceso=28 de outubro de 2015|lingua=inglés}}</ref> Brown decidiu entón vender o equipo ao final da temporada, sendo o novo dono Roy Boe, un empresario. Boe comezou a súa etapa no club con grandes esperanzas, e o seu primeiro obxectivo foi tentar asinar a unha estrela para o seu equipo. Desesperado, tentou contratar o xogador da [[UCLA Bruins|UCLA]] [[Lew Alcindor]] (máis tarde coñecido como [[Kareem Abdul-Jabbar]]). Alcindor non vía con malos ollos xogar na súa Nova Tork natal, mais finalmente decidiu asinar polos [[Milwaukee Bucks]] da [[NBA]]. Mesmo así, o club continou cos seus plans de trasladrse a un novo pavillón en Long Island, sendo o elixido o Island Garden de West Hempstead. Durante a temporada os Nets en cuarto lugar e chegaron aos playoffs por primeira vez na súa historia. Ao final da temporada o equipo consegue finalmente asinar a unha estrela: [[Rick Barry]] proveniente dos [[Washington Capitols]]. Despois de outradoutra temporada de playoff o equipo trasládase de novo de pavillón, esta vez ao Nassau Veterans Memorial Coliseum de Uniondale.
 
En [[1972]], dous anos despois da contratación de Barry, os Nets chegaron ás súas primeiras finais da ABA. Porén, non puider superar aos [[Indiana Pacers]] e perderon a serie por 4-2.<ref>{{cita web|url=http://www.basketball-reference.com/leagues/ABA_1972.html|título=1971-72 ABA Season Summary|obra=Basketball Reference|dataacceso=28 de outubro de 2015|lingua=inglés}}</ref> Porén, finalizada a campaña Barry deixa o club para xogar na NBA, isto provoca que a temporada 1972-73 o equipo finalizase cun decepcionante rexistro de tan só 30 vitorias.<ref>{{cita web|url=http://www.basketball-reference.com/leagues/ABA_1973.html|título=1972-73 ABA Season Summary|obra=Basketball Reference|dataacceso=28 de outubro de 2015|lingua=inglés}}</ref> O seguinte ano o club melloraría o seu rendemento, aínda que a clave desa temporada chegou tras a fin do campionato: no verán de [[1973]] os Nets contratan a [[Julius Erving]] dos [[Virginia Squires]]. Con Erving, máis coñecido como "Dr. J," os Nets atinxiron un equipo competitivo, rematando a tempada cun récord de 55 vitorias.<ref>{{cita web|url=http://www.basketball-reference.com/leagues/ABA_1974.html|título=1973-74 ABA Season Summary|obra=Basketball Reference|dataacceso=28 de outubro de 2015|lingua=inglés}}</ref> Erving foi elixido o [[MVP]] da ABA, e o equipo tivo unha excelente actuación nos playoffs para gañar o seu primeiro título, tras derrotar os [[Utah Stars]].