Venres: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Poño mellor unha referencia e clarifico que "sexta feira" é un termo do latín eclesiástico porque ten un transfondo relixioso importante.
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎O venres na cultura popular: retiro información
Liña 86:
| Día do ouro
|}
 
== O venres na cultura popular ==
No [[O Barco de Valdeorras|Barco de Valdeorras]] (Ourense), para cura-la ''caída do calleiro'', ponse no amencer do venres, e durante tres venres seguidos, un colar feito de pólas de [[bidueiro]] no pescozo do enfermo.
Os días que levan ‘r’ (martes, mércores e venres) son considerados de mal agoiro e aconséllase non facer negocios neses días. Tampouco se debe corta-las [[uña (anatomía)|uña]]s neses días, especialmente o venres.
 
Din en Portugal que ''À terça e sexta-feira não cases a filha, nem urdas a teia''. ''Terça'' e ''sexta-feira'' son martes e venres.
 
=== Fraseoloxía ===
* Caldo de venres: o que se fai nos días de vixilia, sen botarlle carne nin graxa, e que só leva [[aceite]] rustrido. Os ollos que forma o aceite na superficie explican a frase ''ter máis ollos que o caldo de venres''.
* Cara de venres: a de aspecto tristeiro.
* Non é cousa do outro venres: o que non sorprende a ninguén, ou que resulta cousa normal e corrente despois de anuncialo como se fose unha marabilla ou algo insólito.
* Sexta feira maior: [[Venres Santo]].
 
=== Refraneiro ===
* Navidá en venres, sementa onde puideres, navidade en domingo, vende os bois e bótao en trigo.
* O martes e o venres nin te cases nin te embarques.
 
==Notas==