Ácaros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Liña 41:
Existen varias familias, sendo as máis importantes a dos ''Pyroglyphidae'' (ácaros domésticos) e a dos ''Tyroglyphidae''. As principais especies da primeira familia son a ''Dermatophagoides pteronysinus'', ''Dermatophagoides farinae'' e o ''Euroglyphus maynei''. As máis frecuentes da segunda familia son ''Acarus siro'','' Glyciphagus domesticus'', ''Tyrophagus putrecentiae'' e ''Lepidoglyphus destructor''. En climas quentes, atópase a ''Blomia tropicalis''. A familia ''Sarcoptidae'' inclúe animais parasitos como a [[carracha]].
 
== HabitatHábitat e reprodución ==
Nas habitacións, os ácaros aliméntanse de escamas de [[pel]] humana e de animais. Polo día, o home perde 1 g destes pedazos de pel. Os ácaros abundan nos colchóns, mantas, almofadas de plumas, tapetes, sofás e bonecos de peluche, desenvolvéndose en condicións óptimas de humidade superior a 70 a 80% e de temperatura superior a 20 °C. En altitudes superiores a 1.200 m, os ácaros deixan de ter boas condicións de vida. Por este motivo, a estadía en rexións montañosas pode conducir ao alivio de certas alerxias. Viven 2 a 3 meses, durante os cales procrean 1 a 2 veces, dando orixe a unha posta de 20 a 40 ovos. O período máis propicio para a procreación é a primavera e o outono.