Partido Comunista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 24:
Un exemplo típico desta última é o cambio de nome de varios partidos comunistas na [[Europa Oriental|Europa do Leste]] trala [[Segunda Guerra Mundial]], esta busca de aceptación tamén se veu na fusión dos [[Socialdemocracia|partidos socialdemócratas]].<ref>Esta tipo de fusións déronse en [[Alemaña do Leste]] ([[Partido Socialista Unificado de Alemaña]]), [[Hungría]] ([[Partido dos Traballadores Húngaros]]), [[Polonia]] ([[Partido Obreiro Unificado Polaco]]) e [[Romanía]] ([[Partido Comunista Romanés|Partido dos Traballadores Romaneses]]).</ref> Os novos nomes utilizados na posguerra eran '[[Partido Socialista]]', '[[Partido Socialista Unificado]]', '[[Partido Popular]]', '[[Partido dos Traballadores]]' e '[[Partido do Traballo]]'.
 
Os convenios sobre o nome a utilizar polos partidos comunistas diversificouse, ao igual que o propio movemento comunista, que se fragmentou debido á [[ruptura Sino-Soviética]] na década de [[1960]]. Aqueles partidos que apoiaban a [[China]] e/ou [[Albania]] nas súas críticas ao goberno soviético, normalmente engadían palabras como 'Revolucionario' ou '[[Marxismo-Leninismo|Marxista-Leninista]]' ao seu nome para distinguirse dos partidos pro-[[Unión Soviética|soviéticos]].
 
== Notas ==