Senescencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 89:
O xenetista [[J. B. S. Haldane]] preguntábase por que a mutación dominante que causa a [[enfermidade de Huntington]] permanecía na poboación, e por que a selección natural non a eliminara xa. O inicio desta enfermidade neurolóxica prodúcese como media á idade de 45 anos e é invariablemente mortal nun período de 10 a 20 anos. Haldane asumiu que, na prehistoria humana, poucos individuos sobrevivían ata os 45 anos. Como eran poucos os que vivían ata idades vellas e a súa contribución á seguinte xeración era relativamente máis pequena que as grandes cohortes dos individuos dos grupos de idades novas, a forza da selección contra tales mutacións deletéreas que actúan tardiamente era consecuentemente pequena. Ao contrario, se unha mutación afectaba aos individuos xoves, a selección na súa contra sería forte. Por tanto, as mutacións deletéreas que actúan tardiamente poderían acumularse nas poboacións ao longo do tempo evolutivo por medio da [[deriva xenética]], o que se demostrou experimentalmente. Este concepto de maior acumulación de mutacións deletéreas nos individuos vellos coñeceuse como [[sombra selectiva]].<ref>{{cite web |url=http://www.nature.com/scitable/knowledge/library/the-evolution-of-aging-23651151 |title=The Evolution of Aging |last1=Fabian |first1=Daniel |last2=Flatt |first2=Thomas |date=2011 |website=[[Scitable]] |publisher=[[Nature Publishing Group]] |accessdate=December 9, 2014}}</ref>
 
[[Peter Medawar]] formalizou esta observación na súa [[Evolución do envellecemento|teoría de acumulación de mutacións]] do envellecemento.<ref>{{Cite journal|author=Medawar PB |year=1946 |title=Old age and natural death |journal=Modern Quarterly |volume=1 |pages=30–56}}</ref><ref>{{Cite book| first=Peter B. | last=Medawar | year=1952 | title=An Unsolved Problem of Biology | publisher=H. K. Lewis | location=London}}</ref> "A forza da selección natural debilítase conforme aumenta a idade, mesmo nunha poboación teoricamente inmortal, só con tal que ésexa expostoexposta aos perigos reais da mortalidade. Se un desastre xenético... ocorre o suficientemente tarde na vida individual, as súas consecuencias poden carecer totalmente de importancia". Os 'perigos reais para a mortalidade' son, en circunstancias normais, a predación, as enfermidades e os accidentes. Deste modo, mesmo unha poboación inmortal, cuxa fertilidade non declina con tempo, terá poucos individuos que vivanvivos nos grupos de idade vellos. Isto denomínase '[[mortalidade extrínseca]]'. As cohortes de idades novas, cuxo número non foi diminuído aínda pola mortalidade extrínseca, contribúen moito máis á seguinte xeración que os poucos que quedan das cohortes de idades vellas, así que a forza da selección contra mutacións deletéreas que actúan tardiamente, que afectan só a estes poucos individuos vellos, é moi feble. As mutacións poden, pois, non sufrir unha selección en contra, e poden espallarse na poboación no tempo evolutivo.
 
A principal predición comprobable feita por este modelo é que as especies que teñen unha mortalidade extrínseca alta na natureza envellecerán máis rapidamente e terán unha duración da vida máis curta. Isto foi confirmado nos mamíferos, o mellor estudado na historia da vida. Hai unha correlación entre os mamíferos entre o tamaño do corpo e a duración da vida, de modo que as especies máis grandes viven máis tempo que as especies máis pequenas baixo as condicións controladas/óptimas, pero hai excepcións notables. Por exemplo, moitos morcegos e roedores son de tamaño similar, pero os moregos viven moito máis tempo. Por exemplo, o morcego ''[[Myotis lucifugus]]'', coa metade de tamaño que un [[rato]], pode vivir 30 anos na natureza, mentres que un rato só vive de 2 a 3 anos en condicións óptimas. A explicación é que os morcegos teñen menos predadores e, por tanto, unha baixa mortalidade extrínseca. Hai máids individuos que sobreviven a idades maiores, polo que a forza da selección contra as mutacións deletéreas que actúan tardiamente é máis forte. Menos mutacións deletéreas que actúan tardiamente é igual a un envellecemento máis lento e, por tanto, unha duración da vida maior. As aves son tamén animais de sangue quente e son similares en tamaño a moitos pequenos mamíferos, pero viven de 5 a 10 veces máis. Teñen menos presión de depredación que os animais que viven no chan. As [[aves mariñas]], as cales, en xeral, teñen o menor número de depredadores entre todas as aves son as que viven máis.