Afonso X o Sabio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 54:
En [[1231]], mentres Fernando III percorría as principais cidades do [[Reino de León]] despois tomar posesión del, o soberano enviou ao seu fillo o [[infante Afonso]], que contaba daquela con nove anos de idade e estaba en [[Salamanca]], a devastar os reinos [[musulmán]]s de [[Reino de Córdoba|Córdoba]] e [[Sevilla]], acompañado polos magnates [[Álvaro Pérez de Castro el Castellano]] e Gil Manrique. Porén, varios historiadores sinalaron que o infante Afonso ao que se refiren as crónicas da época no foi o fillo de Fernando III o Santo, senón o seu irmán, o infante [[Afonso de Molina]], fillo do difunto [[Afonso IX de León]].<ref>Así e todo, Gonzalo Martínez Díaz pensa que o infante don Afonso citado na ''Crónica'' debeu de ser o fillo de Fernando III e non seu irmán don Afonso de Molina, xa que dse fora este o que estivo presente na batalla de Xerez, o mando da hoste debería corresponderlle a el en razón da súa dignidade e non a Alvar Pérez de Castro. ''Cf.'' González Jiménez (2004)</ref> Porén, segundo a versión que sosté a ''Crónica'', o infante Afonso presente na batalla era en realidade o fillo do rei Fernando III:
 
[[Ficheiro:Alcázar Jerez.JPG|miniatura|250px|Vista do Alcázar de Jerez de la Frontera. A [[batalla de Jerez]], librada en [[1231]], supuxo a derrota das tropas do rei musulmán de Sevilla.]]
 
{{Cita|Mandó a don Alvar de Castro, el Castellano, que fuese con él, para guardar el infante y por cabdillo de la hueste, ca el infante era muy moço e avn non era tan esfforçado, e don Alvar Pérez era omne deferido e muy esforçado.{{Harvnp|Martínez Díez|2000|p=306}}}}
Liña 60:
Desde Salamanca, e pasando por [[Toledo]], onde se lles uniron corenta cabaleiros toledanos, dirixíronse cara a [[Andújar]] e, desde alí, encamiñáronse a devastar a terra de Córdoba, e posteriormente, a vila cordobesa de [[Palma del Río]], onde exterminaron a todos os habitantes e tomaron a localidade, dirixíndose a continuación cara ao Reino de Sevilla e cara a [[Jerez de la Frontera]], onde instalaron o campamento cristián nas proximidades do [[río Guadalete]].{{Harvnp|Martínez Díez|2000|pp=634-635}} O emir [[Ibn Hud]], que reunira un numeroso exército dividido en sete corpos, interpúxose con el entre o exército cristián e a cidade de Jerez de la Frontera, obrigando ás tropas de Afonso a combater. Durante a batalla que se librou a continuación, coñecida como a [[batalla de Jerez]], o exército de Afonso derrotou ás tropas musulmás, a pesar da superioridade numérica desatas.
 
Despois da súa vitoria na batalla de Jerez, Álvaro Pérez de Castro dirixiuse ao [[Reino de Castela]] e entregou ao infante Afonso a seu pai o reiyrei, que se encontraba na cidade de [[Palencia]].
 
Afonso X o Sabio referiuse posteriormente a esta batalla, librada no ano de [[1231]], e na que Álvaro Pérez de Castro el Castellano acaudillou as hostes cristiás, do seguinte modo:
Liña 104:
 
==== Actividade repoboadora ====
[[Ficheiro:Alfonso X noven 22261.jpg|miniatura|250px|[[Noven]], moeda de [[bellón]], cuñada na ceca da [[A Coruña|Coruña]] durante o reinado de Afonso X.<br> A lenda di en latín "Moeda de Castela e de León".]]
[[Ficheiro:Alfonso X of Castile.jpg|miniatura|250px|Selo de Afonso X.]]
[[Ficheiro:Alfonso X el Sabio (José Alcoverro) 02.jpg|miniatura|250px|Estatua de Afonso X diante da [[Biblioteca Nacional de España|Biblioteca Nacional]] ([[Madrid]]).]]
[[Ficheiro:Castillo de San Marcos 2, mayo de 2009.jpg|miniatura|250px|Estatua de Afonso X xunto ao Castelo de San Marcos. [[Puerto de Santa María]].]]
 
Sen dúbida, o labor máis importante neste ámbito emprendida polo monarca foi a repoboación do antigo [[Reino de Sevilla]], que permitiu consolidar as conquistas de Fernando III. Nada máis renderse a cidade hispalense, procedeu ao reparto das casas do seu casco urbano e das terras dos arredores entre os soldados das hostes reais e nobiliarias, así como entre xentes procedentes de todos os recunchos da [[Coroa de Castela]]. Este modelo de repoboación, que baleirou de musulmáns aquelas localidades que foran tomadas pola forza ou que capitularon tras un sitio (caso das principais cidades do [[Guadalquivir|vale do Guadalquivir]]), que conviviu co mantemento da poboación autóctona en diferentes zonas. Moitas localidades das serras de Xaén e Córdoba, e outras dos campos e chairas, rendéronse aos casteláns mediante capitulación, pola cal estes facíanse cargo das súas fortalezas e do cobro de impostos, mentres que os [[mudéxar]]es conservaban certa autonomía política e relixiosa.
Liña 127:
=== Política exterior ===
==== A cuestión do Algarve ====
Durante todo o sue reinado Afonso X titulouse "Rei do [[Algarve]]". A orixe desta atribución é oscuraescura. Segundo algúns autores, como o Marqués de Mondéjar, o Algarve sería doado a Afonso por [[Sancho II de Portugal]] en pagamento polo apoio que o castelán lle dera en 1246 contra aquel que terminaría por apartalo do goberno, o seu irmán [[Afonso III de Portugal]] (coñecido tamén como Afonso de Boloña). Para outros, como José Mattoso,<ref>"As relações de Portugal com Castela no reinado de Afonso X, o Sábio", ''Fragmentos de uma composição medieval''. Lisboa: 1987, 73-94.</ref> a reivindicación do rei castelán sobre as terras ao sur de [[Lisboa]] reflectían o desexo de ver recoñecida a súa superioridade feudal sobre o monarca portugués; outros, tamén se ven os dereitos de Afonso X no Algarve aos obtidos polo rei da Taifa de Niebla. Sexa como for, tras a subida ao trono de Afonso X de Castela, iniciouse unha guerra entre ambos os reis polo control do Algarve. O conflito finalizou en [[1253]] ao acordaren o matrimonio do rei portugués cunha filla, ilexítima, do rei Afonso X, [[Beatriz de Castela|Beatriz]], e a entrega dun usufruto sobre o Algarve en beneficio do rei castelán até que o fillo dese matrimonio alcanzara os sete anos de idade.<ref>{{cita libro|apelidos=Livermore|nome=H. V.|título=A History of Portugal|url=http://books.google.es/books?id=fHI3AAAAIAAJ&lpg=PA136&dq=&hl=es&pg=PA136#v=onepage&q=&f=false|editorial=Cambridge University Press|ano=1947|páxina=136}}</ref> {{Harvnp|O’Callahan|1983|p=369 }}
 
En 1260 Afonso X engadiu aos seus títulos o de rei de Algarve. Pero en 1263, ratificado en 1264,{{Harvnp|Martin e Fernández- Ordóñez|2003|p=57 }} cedeu o usufruto do Algarve ao seu neto [[Dionisio I de Portugal|Dionisio]], herdeiro do rei portugués, a cambio de un vasalaxe militar.{{Harvnp|O’Callahan|1983|p=368}} {{Harvnp|Martin e Fernández-Ordóñez|2003|p=57 }} En 1267, o [[tratado de Badaxoz (1267)|tratado de Badaxoz]] de 1267 liquidou este tributo militar e fixáronse as fronteiras no [[río Guadiana]].<br> O rei castelán seguiu porén empregando o título de rei de Algarve, pero só pola referencia ao territorio da antiga taifa de Niebla.{{Harvnp|O’Callahan|1983|p=369 }} Pola súa parte, o rei [[Afonso II de Portugal|Afonso III]] empezou a empregar o título de rei de Portugal e do Algarve desde marzo de 1268.<ref>[http://books.google.es/books?id=81qzhpjjvKEC&lpg=PA220&dq=&hl=es&pg=PA215#v=onepage&q=&f=false Chancelaria de Dom Afonso II, Leontina Ventura].</ref>
Liña 136:
Á morte do [[rei dos Romanos]] [[Guillerme de Holanda]] en xaneiro de [[1256]] produciuse un problema sucesorio pola elección do seguinte rei dos Romanos. En marzo, a cidade de [[Pisa]] enviou unha [[embaixada]] ao [[Reino de Castela|rei de Castela]] Afonso X o Sabio, que os recibiu en [[Soria]], ofrecéndolle a súa submisión e o seu apoio como cabeza da [[Hohenstaufen|casa de Suabia]] (ou [[Hohenstaufen]]) e como xefe do partido [[xibelinos|xibelino]], oposto ao papa; deste xeito Pisa compensaba os beneficios da súa rival [[Xénova]]. O rei castelán deu a súa aprobación para ser elixido rei dos Romanos, paso previo á coroación polo papa como emperador do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]]. Pero o [[reino de Inglaterra|rei de Inglaterra]] [[Henrique III de Inglaterra|Henrique III]] propuxo ao seu irmán [[Ricardo de Cornualles]] como candidato. Por outra parte estaba o complexo sistema de elección do emperador, que correspondía a sete [[electorado|príncipes electores]] alemáns.
 
[[Ficheiro:Alfons X.jpg|miniatura|245px|Afonso X o Sabio, [[rei dos Romanos|rei electo dos Romanos]]. Miniatura do ''Libro de retratos de los Reyes'', 1594.]]
[[Ficheiro:RisaCornwall.jpg|miniatura|240px|Selo de [[Ricardo de Cornualles]], ''rei rival'' de Afonso.<br> A lenda di:<br>RICARDUS DEI GRATIA ROMANORUM REX SEMPER AUGUSTUS.<br>(Ricardo pola graza de Deus Rei dos Romanos sempre augusto).]]
[[Ficheiro:Battle of Benevento 2.jpg|miniatura|240px|Batalla de Benevento.]]
Tras gastar ambos os candidatos grandes cantidades de diñeiro para subornar aos electores, o [[1 de abril]] os partidarios de Afonso, o arcebispo de [[Tréveris]], o [[Electorado de Saxonia|duque de Saxonia]], xunto cos poderes outorgados polo [[margrave]] de [[Brandeburgo]] e polo [[Reino de Bohemia|rei de Bohemia]] [[Otakar I de Bohemia|Otakar I]], elixiron rei dos Romanos a Afonso en [[Frankfurt]]. Pero Otakar I, interesado en manter o reino vacante deu o seu voto a ambos os candidatos. O rei castelán distribuíu grandes cantidades de diñeiro aos seus partidarios para manter viva a súa causa en [[Alemaña]]; pero en [[Italia]], o papa [[Alexandre IV, papa|Alexandre IV]] (o valenciano Roderic de Borja) deuse de conta de que a presenza dos casteláns favorecía a causa dos xibelinos, pois seu inimigo [[Ezzelino da Romano]] era partidario de Afonso.<ref>{{cita libro
| apelidos= Valdeón Baruque
Liña 157:
| título= Historia de España Antigua y Media
| url= http://books.google.es/books?id=oM93XvTFdPIC&pg=PA156&dq=&as_brr=3#v=onepage&q=&f=false
| editorial= [[Rialp]]
| ano= 1976
| páxina= 156
Liña 170:
Pola súa parte, a pesar de que Afonso X insistía en non favorecer o xibelinismo, co que se privou do único apoio do que puidera dispoñer, os embaixadores casteláns, aproveitando que o [[infante]] [[Henrique de Castela]] apoiara o financiamento da empresa de Carlos de Anjou e posto que estaba na Corte pontificia, exerceron presión sobre Clemente IV para que pronunciara a sentencia a favor do rei castelán. Porén, ao desaparecer a resistencia xibelina en Benevento, o papa non considerou necesario manter unha postura contemporizadora co rei castelán.
 
En todos estes anos Afonso desembolsou enormes cantidades de diñeiro para sufragar as súas xestións para ser coroado emperador polo papa, así como para apoiar militar e financeiramente aos seus partidarios en Italia e Alemaña. DesgrazadamenteDesgraciadamente para o monarca castelán, a [[Igrexa católica|Igrexa romana]] foi alongando o preito, como vimos, até que Afonso viuse obrigado a renunciar en [[1275]], tras unha entrevista en [[Beaucaire, Gard|Beaucaire]] co papa [[Gregorio X]].
 
Detrás deste contencioso puido estar a intención do ''Rei Sabio'' de verse recoñecido como superior polos outros reis peninsulares, recuperando a vella supremacía teórica que tivera o seu antepasado [[Afonso VII o Emperador]].
Liña 177:
[[Ficheiro:Reales Atarazanas de Sevilla. Lápida.jpg|miniatura|Lápida nas ''Atarazanas Reales de Sevilla''.]]
 
Nos comezos do seu goberno, Afonso X retomou un vello proxecto do seu pai, o de continuar a [[Reconquista]] alén do [[estreito de Xibraltar]]. Para iso finalizou as grandes atarazanas reais de [[Sevilla]], que foron os maiores estaleiros de [[Europa]] na época, para construír a frota necesaria para a invasión de [[África]], nomeou un ''almirante maior da mar'', e consiguiuconseguiu de [[Roma]] a autorización para predicar a [[Cruzadas|Cruzada]] en Castela, o que significaba poder recadar diñeiro a cambio de beneficios espirituais. Nomeáronse incluso cargos episcopais para as futuras dioceseisdioceses [[Magreb|magrebís]], e iniciáronse contactos diplomáticos con distintos reis do [[Norte de África]].
 
Pero a pesar de todos estes preparativos, non se emprendeu a invasión a gran escala do [[Magreb]]. Todo se reduciu a unhas poucas expedicións de rapiña e á toma dalgunha praza costeira illada. A incursión máis coñecida foi a de [[Salé]], importante porto marroquí (é o ''porto'' de [[Rabat]]) saqueado no verán de [[1260]] pola frota do almirante [[Juan García de Villamayor]] (fillo de García Fernández de Villamayor, o aio de Afonso X). Pero o obxectivo principal desta Cruzada, [[Ceuta]], permaneceu en mans islámicas.
Liña 186:
 
==== A rebelión nobiliaria de 1272 ====
[[Ficheiro:LibroDesJuegasAlfonXAndCourt.jpg|miniatura|300 px|Afonso X e a súa corte, do ''[[Libro dos xogos]]''.]]
 
En [[1272]] a gran maioría dos nobres, encabezados polo [[Filipe de Castela|infante Filipe]] (irmán de Afonso X) e [[Nuño González de Lara]], plantexaron unha serie de reivindicacións ao monarca. Estas poderían resumirse en: a petición de máis ingresos percibidos da Coroa polos ''ricoshomes'', a renuncia á política autoritaria e centralizadora do soberano e a derrogación das leis que este impuxera para levala a cabo. Ao facer Afonso oídos xordos a estas protestas, os aristócratas "desnaturáronse" (renunciaron ao seu señor feudal) e exiliáronse ao [[Reino de Granada|Reino nazarí de Granada]], levando canda eles aos seus exércitos feudais, e provocando graves danos ao seu paso cara a Granada. Entre 1272 e 1273 o infante herdeiro, [[Fernando de la Cerda]], negociou a reconciliación cos rebeldes nun difícil contexto de guerra contra [[Reino de Granada|nazarís]] e [[Dinastía merínida|benimeríns]]. Finalmente, o príncipe logrou a paz con eles e co Reino de Granada.
Liña 194:
O primoxénito e herdeiro ao trono, Fernando de la Cerda, faleceu en [[1275]] en [[Ciudad Real|Villa Real]] (actual [[Ciudad Real]]), cando se dirixía a facer fronte a unha nova invasión norteafricana en [[Andalucía]]. De acordo co [[dereito|dereito consuetudinario]] castelán, en caso de morte do primoxénito na sucesión á Coroa, os dereitos debían recaer no segundoxénito, [[Sancho IV de Castela|Sancho]]; porén, o [[dereito romano]] privado introducido nas ''[[Sete Partidas]]'' establecía que a sucesión correspondía aos fillos de Fernando de la Cerda.
 
[[Ficheiro:Alfonso X de Castilla. Sepulcro.jpg|miniatura|320px|Capela Real da [[Catedral de Sevilla]].]]
 
O rei se inclinouse en principio por satisfacer as aspiracións de Sancho, que se distinguira na guerra contra os invasores islámicos en substitución do seu difuntodefunto irmán. Pero logo o rei, presionado pola súa esposa [[Violante de Aragón|Violante]] e por [[Filipe III de Francia]], tío dos chamados "[[infantes de la Cerda]]" (fillos de [[Fernando de la Cerda|Fernando]]), viuse obrigado a compensar a estes. Sancho, coñecido pola historiografía como ''o Bravo'' polo seu forte carácter, enfrontouse ao seu pai cando este pretendeu crear un Reino en [[Jaén]] para o maior dos fillos do antigo herdeiro, [[Afonso de la Cerda]].
 
Finalmente, o infante Sancho e boa parte da nobreza do Reino rebeláronse, chegando a desposuír a Afonso X dos seus poderes, aínda que non do título de rei (1282). Só Sevilla, Murcia e Badaxoz permaneceron fieis ao vello monarca. Afonso maldeciumaldiciu ao seu fillo, ao que desherdou no seu testamento e, axudado polos seus antigos inimigos os benimeríns empezoluempezou a recuperar a súa posición. Cando cada vez máis nobres e cidades rebeldes ían abandonando a facción de Sancho, morreu o ''Rei Sabio'' en [[Sevilla]], o [[4 de abril]] de [[1284]]. Sancho, a pesar de ser desherdado, foi coroado en [[Toledo]] o [[30 de abril]] de [[1284]], como [[Sancho IV de Castela]].
 
== Descendencia ==
Liña 242:
Desde a súa xuventude, antes de 1252, data en que foi coroado rei, o príncipe Afonso, ademais de escribir [[cantigas de escarnio]] en [[galego-portugués]] e, moi probabelmente, algúns himnos de loor a [[Virxe María]], auspiciou a tradución dun [[libro]] de [[conto]]s exemplares (o ''[[exemplum|exempla]]'') en castelán: o ''[[Calila y Dimna]]''.
 
Xa maior, mandou chamar á súa Corte a [[trobador]]es como o [[Xénova|genovésxenovés]] que escribía en [[occitano]] e galego-portugués [[Bonifaci Calvo]], os [[Cataluña|cataláns]] [[Arnaut Catalán]] e [[Cerverí de Girona]], os franceses [[Guiraut Riquer]] e [[Peire Cardenal]] e os [[Galicia|galegos]] [[Airas Nunes]], [[Pero da Ponte]] e [[Afonso Eanes do Coton]]; tamén houbo poetas hispanohebreos famosos que lle dedicaron eloxgios en verso, como o toledano [[Todros Abulafia]], autor dun vasto [[cancioneiro]] composto durante o seu reinado, aínda non traducido ao español. Até [[Giovanni Boccaccio]] úsao como personaxje central no primeiro conto da última xjornada do seu ''[[Decamerón]]'', onde alaba a súa xenerosidade.<ref>''Cf''. Carlos Alvar, ''La poesía trovadoresca en España y Portugal''. Madrid: Editorial Planeta, Real Academia de Buenas Letras, 1977 e Joseph F. O'Callaghan, ''The Learned King: The Reign of Alfonso X of Castile''. Philadelphia: University of Pennsylvania Press, 1993.</ref>
 
Da extensa obra afonsí destacan: