Abd al-Rahman III: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 7:
Chegou ao trono nunha época en que toda a España estaba exaurida por máis dunha xeración de conflitos tribais entre árabes e de escaramuzas entre musulmáns e descendentes hispánicos. A maior parte da poboación, de orixe hispánica, composta por renegados e cristiáns, asumidos ou non, era favorábel á ascensión ao poder dun gobernante poderoso que os protexese contra a aristocracia árabe. Esta última, composta por nobres musulmáns politicamente incansábeis, compuña o principal núcleo de oposición a Abderramán. Logo a seguir, viñan os [[fatímida]]s do [[Exipto]] e Norte de África, que reclamaban o Califado, xustificando a pretensión coa súa descendencia do profeta [[Mahoma]], procurando estender o seu poder a todo o mundo musulmán. Abderramán conseguiu facer face a todos estes adversarios grazas ao apoio dun exército mercenario, tamén constituído por cristiáns. De feito, foi coñecido pola súa tolerancia para coa comunidade cristiá e xudaica.
 
Fíxolles fronte aos fatímidas, por un lado ao apoiar os seus inimigos, en África e, por outro lado, reclamando o CalifadoCalifato para el mesmo. Ao declarar o CalifadoCalifato de Córdoba, estaba a quebrar, efectivamente, todos os lazos que o unían aos califas exipcios e sirios. Os seus ascendentes contentáranse apenas co título de [[emir]] (príncipe). Na altura, aceptábase que apenas o gobernante das cidades santas de [[Meca]] e [[Medina]] podía reclamar tal título. A forza da tradición estaba, con todo, moi esbatida, de modo que Abd-ar-Rahman se fixo proclamar sucesor do Profeta (califa) e [[príncipe dos crentes]] (amir al-Mu'minin) a [[16 de xaneiro]] de [[929]], gañando un prestixio sen precedentes para un líder musulmán na Europa, tanto entre os seus súbditos hispánicos como na África. Foi nesa data que asumiu a súa al-kunya an-Nasir li-Din Allah (vencedor en nome de Allah).
 
A súa principal misión, foi a unificación de [[al-Andalus]], tendo para iso sometido os rebeldes andaluces, no sur e centro de España. Un ano após proclamarse califa, emprendeu a súa maior campaña militar, contra [[Ibn Hafsūn]], a quen tomou [[Sevilla]] e [[Alxeciras]]. Conquistou [[Bobastro]] (onde pontificaba ibn Hafsūn), [[Badaxoz]] (o dominio dos [[banu Marwan]]), onde se centraba a maior parte dos seus opositores, en [[928]]; en 933 conquistou o último reduto deste, en [[Toledo]]. Loitou contra os reis cristiáns do norte, apoderouse de [[Osma]], de [[San Esteban de Gormaz]]. En resposta aos ataques do [[reino de León|rei de León]] [[Ordoño II]], venceu os reis de León e [[reino de Navarra|Navarra]], na [[Batalla de Valdejunquerra]], a [[26 de xullo]] de [[920]] e saqueou [[Pamplona]].
Liña 13:
O Califado de Córdoba entrou nunha época de gran prosperidade económica e prestixio mundial. É diso exemplo a cantidade de moedas de ouro e de prata cuñadas por Abderramán. O conxunto de obras públicas e medidas administrativas foron tamén moi eloxiadas ao longo da historia. Os pobos máis distantes da época fixéronlle homenaxe por diversas veces. Foi o fundador da escola de medicina de Córdoba.
 
Foi derrotado en [[939]] polo rei cristián [[Ramiro II de León|Ramiro II]] en [[Simancas]] (ou Allandega, segundo as crónicas musulmás), dada á traizón dos nobres árabes do seu propio exército. Aínda que esta derrota tivera consecuencias definitivas na carreira militar de Abderramán, os cristiáns non se aproveitaron moito dela. De feito, ante as divisións subsecuentes entre estes, non se demorou moito até que os cristiáns lle voltasenvolvesen a prestar homenaxe en Córdoba.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita enciclopedia |artigo= |enciclopedia=[[Diciopedia do século 21]] |volume=1 |páxina= |ano=2006 |editorial= [[Edicións do Cumio|Do Cumio]], [[Editorial Galaxia|Galaxia]] e [[Edicións do Castro|do Castro]]}}
 
{{Control de autoridades}}