Froufe, O Irixo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
aumentado desde http://www.oirixo.es/index.php/patrimonioartisticocultural/patrimonioartistico/sanxonadefroute
m engado imaxe
Liña 2:
{{Parroquia
|nome = Froufe
|imaxe = Igrexa e paisaxe de Froufe.jpg
|lenda = Conxunto parroquial de San Xoán e paisaxe de Froufe.
|mapa =
|concello = O Irixo
Liña 13:
'''San Xoán de Froufe''' é unha parroquia do concello do [[O Irixo|Irixo]] na [[comarca do Carballiño]], na [[provincia de Ourense]]. No ano [[2007]] contaba con 88 habitantes, deles 39 eran homes e 49 eran mulleres, o que supón unha diminución de 5 habitantes en relación ao ano anterior, [[2006]].
 
==Traxectoria Patrimonio ==
A '''igrexa parroquial''' é de comezos do século XVII, con modificacións posteriores. Nesa época modificouse o templo primitivo medieval, construíndose unha porta lateral. De 1634 é o retablo maior. A igrexa foi ampliada na segunda metade do século XVIII, restaurándose a porta lateral en 1763, construíndose a tribuna en 1765, a cuberta en 1778 e a espadana en 1779. En 1786 construíuse un púlpito, que xa non se conserva. En 1802 reedificouse a sancristía, e en 1811 construíuse o arco que dá acceso á capela maior desde a nave. Xa en 1900 repintouse o retablo maior e colocouse un machón de granito para sostelo. A fachada é lisa con porta de arco de medio punto e espadana rematada en frontón con dous ocos para as campás, construída en 1779.