Afonso X o Sabio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Xoio (conversa | contribucións)
Liña 139:
Miniatura do ''Libro de retratos de los Reyes'', 1594.]]
[[Ficheiro:RisaCornwall.jpg|miniatura|240px|Selo de [[Ricardo de Cornualles]], ''rei rival'' de Afonso.<br> A lenda di:<br>RICARDUS DEI GRATIA ROMANORUM REX SEMPER AUGUSTUS.<br>(Ricardo pola graza de Deus Rei dos Romanos sempre augusto).]]
[[Ficheiro:Battle of Benevento 2.jpg|miniatura|240px|Batalla de Benevento.]]
 
Tras gastar ambos os candidatos grandes cantidades de diñeiro para subornar aos electores, o [[1 de abril]] os partidarios de Afonso, o arcebispo de [[Tréveris]], o [[Electorado de Saxonia|duque de Saxonia]], xunto cos poderes outorgados polo [[margrave]] de [[Brandeburgo]] e polo [[Reino de Bohemia|rei de Bohemia]] [[Otakar I de Bohemia|Otakar I]], elixiron rei dos Romanos a Afonso en [[Frankfurt]]. Pero Otakar I, interesado en manter o reino vacante deu o seu voto a ambos os candidatos. O rei castelán distribuiu grandes cantidades de diñeiro aos seus partidarios para manter viva a súa causa en [[Alemaña]]; pero en [[Italia]], o papa [[Alexandre IV, papa|Alexandre IV]] (o valenciano Roderic de Borja) deuse de conta de que a presenza dos casteláns favorecía a causa dos xibelinos, pois seu inimigo [[Ezzelino da Romano]] era partidario de Afonso.<ref>{{cita libro
| apelidos= Valdeón Baruque
Liña 167:
Porén, ante o avance irresistíbel dos xibelinos, e a pesar de que Afonso X intentaba que os güelfos se aderisen a súa causa mantendo hostilidade cara a Manfredo, o papa Urbano IV ignorou o acordo que establecera Alexandre IV, e púxose en mans de Francia, onde finalmente contou coa aprobación do rei [[Luís IX de Francia|Luís IX]] para que o seu irmán [[Carlos de Anjou]] asinara un acordo o [[15 de agosto]] de [[1264]] co papa, no que aceptaba a investidura do [[Reino de Sicilia]] e, mentres, Urbano IV seiguiu dilatando a súa arbitraxe sobre a disputa da coroa imperial. Carlos de Anjou iniciou unha empresa implicando á banca güelfa, especialmente a [[Orlando Bonsignori]], que se beneficiaría dos territorios do reino siciliano, o que ía en contra dos intereses de [[Pedro III de Aragón]], casado coa filla de Manfredo [[Constanza II de Sicilia]], e que tamén aspiraba a este Reino.
 
Mentres que o exército [[Casa de Anjou|anxevino]] avanzaba por Italia con apoio güelfo, faleceu o papa Urbano IV e foi elixido o tamén francés, [[Clemente IV, papa|Clemente IV]] (1265-1268), que tampouco entrou en Roma, quedando ben establecido en Viterbo. Este papa mantivo unha actitude abertamente favorábel a Carlos de Anjou e, cando este alcanzou Roma por mar, foi elixido senador e coroado como [[Reino de Sicilia|rei de Sicilia]] o [[6 de xaneiro]] de [[1266]] por cardenais designados polo papa. Cando o exército anxgevino chegou a Roma, Carlos emprendeu a campaña contra Manfredo, que saíu do seu letargo para encontrarse cos anxgevinos na [[Batalla de Benevento (1266)|batalla de Benevento]], o [[26 de febreiro]] de [[1266]], onde o exército siciliano foi derrotado e o propio Manfredo encontrou a morte. Desta maneira, Carlos de Anjou logrou facer efectivo o seu control sobre todo o reino. E deste xeito impulsou o güelfismo en Italia, como o establecemento de Filipe della Torre en Milán, o marqués de Este en Ferrara e, en Florencia, os xibelinos foron de novo expulsados.
 
Pola súa parte, a pesar de que Afonso X insistía en non favorecer o xibelinismo, co que se privou do único apoio do que puidera dispoñer, os embaixdores casteláns, aproveitando que o [[infante]] [[Henrique de Castela]] apoiara a financiación da empresa de Carlos de Anjou e posto que estaba na Corte pontificia, presionaron a Clemente IV para que pronunciara a sentencia a favor do rei castelán. Porén, ao desaparecer a resistencia xibelina en Benevento, o papa non considerou necesario manter unha postura contemporizadora co rei castelán.