Carlos de Anjou: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
Xoio (conversa | contribucións)
Liña 135:
Mentres que o exército [[Casa de Anjou|anxevino]] avanzaba por Italia con apoio güelfo, faleceu o papa Urbano IV e foi elixido o tamén francés, [[Clemente IV, papa|Clemente IV]] (1265-1268), que tampouco entrou en Roma, quedando ben establecido en Viterbo. Este papa mantivo unha actitude abertamente favorábel a Carlos de Anjou e, cando este alcanzou Roma por mar, foi elixido senador e coroado como [[Reino de Sicilia|rei de Sicilia]] o [[6 de xaneiro]] de [[1266]] por cardenais designados polo papa.
 
Cando o exército anxgevino chegou a Roma, Carlos emprendeu a campaña contra Manfredo, que saíu do seu letargo para encontrarse cos anxgevinos na [[Batalla de Benevento (1266)|batalla de Benevento]], o [[26 de febreiro]] de [[1266]], onde o exército siciliano foi derrotado e o propio Manfredo encontrou a morte. Desta maneira, Carlos de Anjou logrou facer efectivo o seu control sobre todo o reino. E deste xeito impulsou o güelfismo en Italia, como o establecemento de Filipe della Torre en Milán, o marqués de Este en Ferrara e, en Florencia, os xibelinos foron de novo expulsados.
 
Pola súa parte, a pesar de que Afonso X insistía en non favorecer o xibelinismo, co que se privou do único apoio do que puidera dispoñer, os embaixdores casteláns, aproveitando que o [[infante]] [[Henrique de Castela "O Senador"|Henrique]] apoiara a financiación da empresa de Carlos de Anjou e posto que estaba na Corte pontificia, presionaron a Clemente IV para que pronunciara a sentencia a favor do rei castelán. Porén, ao desaparecer a resistencia xibelina en Benevento, o papa non considerou necesario manter unha postura contemporizadora co rei castelán.