Salgueiro branco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 13:
| ordo = [[Malpighiales]]
| familia = [[Salicaceae]]
| genus = '''[[Salix]]'''
| species = '''''S. alba'''''
| binomial = '''Salix alba'''
| binomial_authority = [[L.]]
| synonyms =
}}
O '''salgueiro branco'''<ref>https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm?</ref> ('''''Salix alba''''') é unha especie de [[salgueiro]] ([[familia (botánica)|familia]] das [[salicaceae|salicáceas]]) de rápido crecemento nativa de [[Europa]] e do oeste e centro de [[Asia]].<ref name="rdm">Meikle, R. D. (1984). ''Willows and Poplars of Great Britain and Ireland''. BSBI Handbook No. 4. ISBN 0-901158-07-0.</ref><ref name="rushforth">Rushforth, K. (1999). ''Trees of Britain and Europe''. Collins ISBN 0-00-220013-9.</ref> O nome deriva do ton abrancazado do envés das súas follas. Desta especie obtense o ácido salicílico usado na menciña. É unha árbore común nas ribeiras galegas.
 
O vimieiro dourado (''Salix alba'' 'Vitellina') é unha variedade desta árbore de pólas douradas común nos prados galegos para tirar os [[vime]]s, coma ocorre co [[vimieiro (árbore)|vimieiro común]].
 
== Descrición ==
É unha [[árbore]] de [[Caducifolio|folla caediza]] de mediano ou gran tamaño que pode acadar os 30 m de altura, cun toro que chega ao metro de diámetro e cunha copa irregular. A [[casca]] é pardo cinsenta cunhas fendas profundas nos exemplares vellos. Os gomos acostuman ser pardo cinsentos ou pardo verdosos. As [[folla]]s son máis pálidas cás doutros salgueiros por mor da camada de peluxe que cobre as follas especialmente polo envés; son duns 5&ndash;-10&nbsp;cm de longo e 0,5&ndash;-1.,5&nbsp;cm de largo. As [[flor]]es prodúcense cedo na primavera en [[Candea (botánica)|candeas]] , e son polinizadas por [[insecto]]s. É unha especie [[Dioico|dioica]], con candeas (amentos) masculinase femininas en árbores separadas; as candeas masculinas teñen 4–54-5&nbsp;cm de longo, as femininas 3–43-4&nbsp;cm de longo durante a polinización, alongándose cando o froito vai chegando. Na maduración, a mediados do verán, as candeas femininas comportan numerosas [[cápsula (froito)|cápsulas]] miúdas duns 4&nbsp;mm, con cadansúas numerosas [[semente|sementiñas]] que incorporan unha especie de peluxe abrancazada que facilita o espallamento co vento.<ref name=rdm/><ref name=rushforth/><ref name="afm">Mitchell, A. F. (1974). ''A Field Guide to the Trees of Britain and Northern Europe''. Collins ISBN 0-00-212035-6</ref>
 
== Distribución ==
Liña 34:
== Usos ==
[[Ficheiro:Whitewillowtincture.jpg|thumb|120px|left|Extracto de ''Salix alba''.]]
A súa madeira é flexíbel e pouco densa, e se emprega para fabricar [[misto]]s, , entre outros trebellos.
=== Usos medicinais ===
[[Hipócrates]] escribiu no [[século V a. C.|século V&nbsp;a.&nbsp;C.]] acerca dunha substancia agre extraída do salgueiro branco e que podía calmar as dores e amainar a febre. Os nativos indios americanos xa a usaban antigamente para as dores de cabeza, febres, dores musculares, e reumatismos. Máis tarde, no ano [[1763]], o reverendo Edward Stone comprobou que, efectivamente, o salgueiro branco diminuía a febre.
A casca do salgueiro branco contén unha substancia chamada [[salicina]], da que se obtén o [[ácido salicílico]], predecesor da actual [[aspirina]]. A salicina reduce a sensación de dor e, ademais de propiedades [[Analxésico|analxésicas]], posúe propiedades antiinflamatorias, e antipiréticas.
== Taxonomía ==
''Salix alba'' foi descrita por [[Carl von Linné]] e publicada en ''[[Species Plantarum]] 2: 1021–10221021-1022'', no ano 1753.<ref>[http://www.tropicos.org/Name/28300135 ''{{PAGENAME}}'' en Trópicos]</ref>
;[[Híbrido]]s e variedades:
Forma híbridos naturais co [[salgueiro irto]] ( ''[[Salix fragilis]]''), dando como resultado ''Salix × rubens Schrank''.
Un número de salgueiros brancos [[cultivar|cultivados]] e [[Híbrido (bioloxía)|híbridos]] foron seleccionados para uso na [[silvicultura]] e [[horticultura]]:
* O '''salgueiro de bate de crícket''' (''Salix alba'' 'Caerulea'), ou simplemente chamado '''salgueiro inglés''', é especialmente cultivado na [[Gran Bretaña]] para a extracción da súa [[madeira]], non soamente para a produción de bates de [[crícket]], mais tamén para outros usos onde son necesarias madeiras leves que non rachen facilmente. A súa principal característica é ter un crecemento rápido cun único toro recto, e tamén por posuír follas estreitas e longas (10-11 cm de longo, 1,5-2 cm de largura) cunha cor mais azul esverdeada. A súa orixe é descoñecida, mais pode ser tamén un híbrido entre o salgueiro branco e o [[salgueiro irto|irto]] (''Salix fragilis'').