Apoptose: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
Ocorre no [[desenvolvemento embrionario]], na organoxénese, na renovación de células epiteliais e [[hematopoese|hematopoéticas]], na involución cíclica dos órganos reprodutivos da muller, na atrofia inducida pola remoción de fatores de crecemento ou hormonios, na involución de algúns órganos e aínda na regresión de tumores. Por tanto consiste nun xeito de morte programada, desexábel e necesaria que participa na formación dos órganos e que persiste nalgúns sistemas adultos como a pel e o [[sistema inmunolóxico]].
 
Como a apoptose é a principal forma de morte celular programada, moitas veces ambos os termos aparecen usados como sinónimos. Non obstante, conforme se descubriron novos tipos de morte celular programada, este termo foi adquirindo un significado amplo. A apoptose denomínase tamén morte celular programada de tipo I.
 
== Sinalización da apoptose ==