Engrenaxe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: Arranxos varios
m →‎Historia: arranxiños corrector
Liña 15:
Desde épocas moi remotas utilizáronse cordas e elementos fabricados en madeira para solucionar os problemas de [[transporte]], [[Impulso (aerodinámica)|impulso]], [[elevación]] e [[movemento]]. Ninguén sabe de certo onde nin cando se inventaron as engrenaxes. A literatura da antiga [[China]], [[Grecia]], [[Turquía]] e [[Damasco]] mencionan engrenaxes pero non achegan moitos detalles dos mesmos.
 
O mecanismo de engrenaxes máis antigo de cuxos restos dispoñemos é o [[mecanismo de Anticitera]].<ref name="TULIO">Tulio Piovan, op.cit.</ref> Trátase dunha calculadora astronómica datada entre os anos [[-150|150]] e [[-100|100 a. C.]] e composta polo menos por 30 engrenaxes de [[bronce]] con dentes triangulares. Presenta características tecnolóxicas avanzadas por exemplo trens de [[Engrenaxe planetario|engrenaxes epicicloidalesepicicloidais]] que, ata o descubrimento deste mecanismo, críanse inventados no século XIX. Por citas de [[Marco Tulio Cicerón|Cicerón]] sábese que o de Anticitera non foi un exemplo illado senón que existiron polo menos outros dous mecanismos similares nesa época, construídos por [[Arquímedes]] e por [[Posidonio]]. Doutra banda, a Arquimedes adóitaselle considerar un dos inventores das engrenaxes porque deseñou un [[parafuso]] sen fin.
[[Ficheiro:Kronrad2.jpg|miniatura|Transmisión antiga.]]
 
Na China tamén se conservaron exemplos moi antigos de máquinas con engrenaxes. Un exemplo é o chamado "carro que apunta cara ao sur" (120-250&nbsp;d.&nbsp;C.), un enxeñoso mecanismo que mantiña o brazo dunha figura humana apuntando sempre cara ao Sur grazas ao uso de engrenaxes diferenciais epicicloidalesepicicloidais. Algo anteriores, de ao redor de 50&nbsp;d.&nbsp;C.,son os [//gl.wikipedia.org/wiki/Engrenaxe#Engrenaxes_cil.C3.ADndricos_de_dentes_helicoidais engrenaxes helicoidais] tallados en madeira e achados nunha tumba real na cidade chinesa de [[Shaanxi]].<ref name="TULIO"/>
 
Non está claro como se transmitiu a tecnoloxía das engrenaxes nos séculos seguintes. É posible que o coñecemento da época do mecanismo de Anticitera sobrevivise e, co florecemento da cultura do [[Islam]] os séculos XI-XIII e os seus traballos en astronomía, fóra a base que permitiu que volvesen fabricarse calculadoras astronómicas. Nos inicios do [[Renacemento]] esta tecnoloxía utilizouse en [[Europa]] para o desenvolvemento de sofisticados [[reloxo]]s, na maioría dos casos destinados a edificios públicos como [[catedral|catedrais]].<ref>{{cita libro