Apoptose: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
m lingua
Liña 1:
A '''apoptose''' é o principal tipo de [[morte celular programada]], é un xeito de "autodestrución celular" que requererequire enerxía e síntese proteica para a súa execución. Está relacionada coa [[homeostase]] na regulación fisiolóxica do tamaño dos [[Tecido (bioloxía)|tecidos]], exercendo un papel oposto ao da [[mitose]]. O termo é derivado do grego, que se refería á queda das follas das árbores no outono - un exemplo de morte programada fisiolóxica e axeitada que tamén implica a renovación.
 
Ocorre no [[desenvolvemento embrionario]], na organoxénese, na renovación de células epiteliais e [[hematopoese|hematopoéticas]], na involución cíclica dos órganos reprodutivos da muller, na atrofia inducida pola remoción de fatores de crecemento ou hormonios, na involución de algúns órganos e aínda na regresión de tumores. Por tanto consiste nun xeito de morte programada, desexábel e necesaria que participa na formación dos órganos e que persiste nalgúns sistemas adultos como a pel e o [[sistema inmunolóxico]].