SST Records: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 24:
En [[1976]] Ginn formou a banda de [[punk rock]] Panic. Panic gavou oito cancións en xaneiro de [[1978]], pero ningún selo se interesou en editar ese material agás a discográfica de [[Los Angeles]] [[Bomp! Records]]. Cara finais de ano Bomp aínda non accedera formalmente a pubicar a súa música nun disco, polo que Ginn decidiu que tiña a suficiente experiencia nos negocios con SST como para publicalo el mesmo. SST Records editou a música gravada pola banda de Ginn (agora chamada [[Black Flag]]) como o EP ''[[Nervous Breakdown]]'' en xaneiro de [[1979]].
 
Moitos dos primeiros concertos de Black Flag remataban con violencia, a miúdo coa aparición da policía de Los Angeles. Como resultado disto, a policíu intervíu os teléfonos do selo e mantivo a oficina de SST baixo vixilancia. Ginn afirma que policías de incógnito disfrazados como xente sen fogar sentábanse preto da porta de SST. A banda foi incapaz de contratar un avogado debido á falta de cartos. Cara [[1980]] os clubs de Los Angeles comezaron a prohibir os concertos de [[hardcore punk]], sumando así máis problema a SST.
 
SST lanzou o EP de estrea de [[Minutemen (grupo musical)|Minutemen]], ''[[Paranoid Time]]'', como a súa segunda edición e 1980. As cancións graváronse e mesturáronse nunha noite por 300 dólares. Encarando a hostilidade cara o hardcore punk, os grupos de SST como Black Flag e Minutemen tocaron onde puideron, principalmente festas en casas particulares e en sótanos. Black Flag comezou a viaxar pola costa californiana para tocar no Mabuhay Gardens de [[San Francisco]], facendo sete viaxen en total ata alí. O produtor da SST, [[Spot]], acopmañounos como técnico de son e mánager de xira, un traballo que faría durante varios anos, ademais de axudar a gravar gran parte da música do selo.
 
== Véxase tamén ==