Joachim Murat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Unhanova (conversa | contribucións)
Cambiei añoranza por nostalxia
Liña 72:
Como vimos, Murat aproveitara a oportunidade para postularse a si mesmo como rei de España, pero Napoleón prefiriu entregar dito cargo ao seu irmán Xosé, nomeando a Murat o [[15 de xullo]] de [[1808]] como [[Reino de Nápoles|rei de Nápoles]], estado no que reinou co nome de Xoaquín I Napoleón .<ref name=M/>
 
Durante o seu reinado tratou de introducir na vida napolitana os costumes franceses, fomentou as artes e financiou numerosas obras públicas para tratar de gañar o afecto dos seus súbditos, que sempre mostraron añoranzanostalxia polos antigos reis da [[Casa de Borbón]]. Mellor opinión mereceron as escavacións de [[Pompeia]], [[Herculano]] e [[Estabia]] que foron promovidas cun mecenado e unha paixón descoñecida até entón, e que puxo en evidencia o desdén e a falta de interese do antigo rei Borbón polo tema unha vez conseguida a notoriedade que lle outorgou a publicación do texto ''Li Antichità di Ercolano Esposte'' (Real Academia, Nápoles, 1767).
 
En [[1812]] Napoleón reclámao para a [[Invasión napoleónica de Rusia|Campaña de Rusia]], onde dirixe a vangarda na marcha cara a [[Moscova]]. Como sempre, actúa valentemente en pequenas escaramuzas e, sobre todo, na sanguenta [[batalla de Borodino]], onde lanza unha espectacular carga que logra destruír a artillaría rusa. Porén, a campaña foi un desastre e, tras a retirada de Moscova, Napoleón vese obrigado a regresar a [[París]] para controlar o Imperio. Antes da súa marcha establece un cuartel de inverno en [[Vilna]] e nomea a Murat comandante en xefe das tropas na súa ausencia. Pero Murat móstrase de contado incapaz de remediar o descontento dos seus soldados, que saquean Vilna e os cofres do exército antes de desbandarse. Temendo un motín incontrolábel, Murat abandona o seu posto sen avisar a Napoleón e regresa a Nápoles.