Fotoliase: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 32:
Baseándose na similitude de secuencias as ADN fotoliases poden agruparse en dúas clases. A primeira clase contén encimas de bacterias [[grampositiva]]s e [[gramnegativa]]s, da [[arquea]] [[halófilo|halófila]] ''[[Halobacterium halobium]]'', e de fungos e plantas. Entre as proteínas que conteñen este [[dominio proteico|dominio]] tamén están os [[cripotocromo]]s 1 e 2 da planta ''[[Arabidopsis thaliana]]'', que son fotorreceptores de luz azul que funcionan como mediadores da [[expresión xénica]] inducida por luz azul e na modulación dos [[ritmo circadiano|ritmos circadianos]].
 
A rama de criptocromos denominada Cry-DASH (Criptocromo-Drosophila, Arabidopsis, Synechocystis, Humanos) pensábase anteriormente que non tiña actividade de reparación do ADN debido a que a súa actividade sobre o ADN bicatenario era desprezable. Mais o estudo publicado por A. Sancar e P. Selby proporcionou probas que indicaban que esta rama de criptocromos tiña actividade de fotoliase cun alto grao de especificidade polos dímeros de pirimidina ciclobutano no ADN de febra simple. O seu estudo mostrou que a VcCry1 de ''[[Vibrio cholerae]]'', a X1Cry de ''[[Xenopus laevis]]'', e a AtCry3 de ''[[Arabidopsis thaliana]]'' tiñan actividade de fotoliase sobre o ADN bicatenariode febra simple irradiado con luz UV in vitro.<ref name="Selby 17696–700"/>
 
Algunhas [[protector solar|cremas protectoras solares]] inclúen a fotoliase entre os seus ingredientes, e salientan a súa acción reparadora sobre a pel danada polos raios UV.<ref>{{Cite journal | doi = 10.1073/pnas.96.14.7974 | last1 = Kulms | first1 = Dagmar | last2 = Pöppelmann | first2 = Birgit | last3 = Yarosh | first3 = Daniel | last4 = Luger | first4 = Thomas A. | last5 = Krutmann | first5 = Jean | last6 = Schwarz | first6 = Thomas | year = 1999 | title = Nuclear and cell membrane effects contribute independently to the induction of apoptosis in human cells exposed to UVB radiation | url = | journal = PNAS | volume = 96 | issue = 14| pages = 7974–7979 | pmid = 10393932 | pmc = 22172 }}</ref>