Miguel Cabanela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}})
m Arranxos varios
Liña 3:
== Biografía ==
[[Ficheiro:Cunqueiro en Mondoñedo.jpg|miniatura|[[Mondoñedo]], a vila natal do cirurxián; de costas a estatua do seu tío [[Álvaro Cunqueiro]].]]
Nado en Mondoñedo (Lugo) en 1942 é sobriño do ilustre escritor de literatura galega [[Álvaro Cunqueiro]] e fillo de [[Enrique Cabanela]], que fora médico en Mondoñedo, e pioneiro da cirurxía xeral na comarca, fundador e director dun sanatorio cirúrxico privado no que operaba toda clase de doenzas.
 
Despois de estudar e se licenciar en Medicina en [[Santiago de Compostela]] en 1965, trasladouse aos [[Estados Unidos]] en 1967, para desenvolver a súa carreira, primeiro no Mercy Hospital [[universidade|universitario]] de [[Chicago]]. Realizou a súa residencia na famosa [[Clínica Mayo]], formándose coma especialista en [[cirurxía]] de [[Cadeira (anatomía)|cadeira]] e [[xeonllo]] no centro de Rochester (Minnesota). Dende aquela exerceu neste hospital e actualmente é o xefe de [[Cirurxía Reconstrutiva]] na mesma Clínica Mayo onde salienta pola súa [[galeguidade]] arredor do xigantesco centro sanitario, con 2.158 médicos e outros tantos estudantes e residentes. Na clínica Mayo, cada xefe de servizo acuña un símbolo, nas portas dos cuartos dos pacientes de Cirurxía Ortopédica había un pequeno escudo cun zoco e un paraugas sobre o que caía a choiva, lembrando a súa [[morriña]] por Galiza<ref>Declaracións do doutor Trillo para El País - http://politica.elpais.com/politica/2013/09/20/actualidad/1379686645_134157.html</ref>.
Liña 12:
 
== Importancia médica e recoñecementos ==
É unha das figuras mundiais na súa especialidade. Varias voces do ámbito da [[cirurxía ortopédica]] recoñecen a gran competencia de Cabanela en cirurxía da cadeira, e en especial no eido das próteses de cadeira. A Clinica Mayo de Rochester onde traballa, é o terceiro maior hospital do país e ocupa o segundo lugar na mellor cirurxía ortopédica.
 
Cabanela participa regularmente en xornadas científicas en Galiza, España e nos Estados Unidos. Os seus méritos, entre eles a autoría de máis de 100 publicacións, foron recoñecidos en diferentes países: foi distinguido polos pacientes estadounidenses en 2012 pola súa excelencia, en 2009 recibiu o primeiro premio español Fenin de Innovación Tecnolóxica e foi nomeado membro de honra da Sociedade Española de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía<ref> http://politica.elpais.com/politica/2013/09/20/actualidad/1379686645_134157.html</ref>.
 
Miguel Cabanela adoita visitar Mondoñedo dúas veces ao ano, vila da que é Fillo Predilecto dende o ano 2002. Ademais Galiza recoñeceu o labor de Miguel Cabanela concedéndolle a Medalla de Prata da Xunta e anos despois recollería o Premio Nóvoa Santos que outorga a [[Asociación de Médicos Galegos]].
Liña 21:
O 1º de abril de 2009, a [[Federación española de Empresas de Tecnoloxía Sanitaria]]<ref>[http://www.fenin.es fenin.es]</ref> entregou o I Premio Fenin á Innovación Tecnolóxica Sanitaria ao doutor Miguel Cabanela, polas súas achegas á cirurxía ortopédica no eido Cirurxía da Cadeira e do Xeonllo. O Premio recolleuno de mans da Ministra de Ciencia e Innovación, [[Cristina Garmendia]], o Presidente da Sociedade Española de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, o Prof. Enric Cáceres,<ref>http://www.secot.es</ref> quen salientou a importancia do Premio para a Sociedade Española de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía.
 
O doutor Miguel Cabanela cedeu a achega á Fundación SECOT para convocar un Premio destinado a realizar unha estadía na [[Clínica Mayo]], Rochester, MN, EUA.<ref> http://www.secot.es/getattachment/57f17e68.../Cabanelapremiado.aspx</ref> A convocatoria realizouse en base a concurso de méritos a nivel nacional, recibindo o Premio o doutor Jenaro A. Fernández-Valencia Laborde. Posteriormente e a través da SECOT, o Profesor Cabanela convocou anualmente o Premio Miguel Cabanela até a actualidade.<ref>{{cita web|título=Resolución Convocatorias SECOT 2012|url=http://www.secot.es/fundacion-secot/resolucion-convocatorias-fundacion-secot-2012}}</ref>
 
'''Listaxe de Cirurxiáns Galardoados co Premio Miguel Cabanela''':
Liña 31:
 
== Operación do Rei Xoán Carlos I de España ==
No mes de setembro de 2013 incrementou a súa fama por ser o encargado de operar ao rei [[Xoán Carlos I]] de España dunha cadeira<ref>Noticia en La Voz de Galicia - http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2013/09/20/miguel-cabanela-hijo-medico-mondonedo/00031379692146614303930.htm</ref> por mor dunha infección asociada a unha prótese que lle fora implantada en 2012<ref> Noticia en El País - http://politica.elpais.com/politica/2013/09/20/actualidad/1379686645_134157.html</ref>. Para este traballo desprazouse a Madrid.
 
Rexeitou cobrar por este traballo<ref> http://www.20minutos.es/noticia/1929850/0/miguel-cabanela/renuncia-cobrar/operacio/</ref>.
 
== Notas ==
Liña 43:
* http://www.lavozdegalicia.com/sociedad/2009/04/01/00031238609631550605990.htm
 
{{ORDENAR:Cabanela}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Cabanela}}
[[Categoría:Médicos de Galicia]]
[[Categoría:Galegos dos Estados Unidos de América]]