Etanol (combustible): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cita publicación; cambios estética
m Arranxos varios
Liña 1:
O termo '''bioetanol''' refírese comunmente a un combustíbel líquido que contén [[etanol]] (alcohol etílico) producido a partir de [[biomasa]], ben sexa en parte mesturado con [[gasolina]] ou en forma pura. As mesturas máis estendidas de gasolina con etanol son as coñecidas coma E10 e E85, co 10% de etanol e a restante parte de gasolina no primeiro caso, e co 85% de etanol e a restante parte de gasolina no segundo. Todos os motores de automóbiles a gasolina poden tolerar mesturas con etanol de até o 10% sen modificación ningunha <ref>http://www.nrel.gov/docs/fy05osti/37135.pdf </ref>.
 
O bioetanol considérase unha fonte de [[enerxía renovable]], xa que é posible obtelo a partir de fontes que se asumen infinitas, coma cultivos e residuos de varios tipos.
Liña 20:
== Emisións ==
 
Desde un punto de vista medioambiental, as mesturas etanol-gasolina poden reducir a maioría de emisións de contaminantes en comparación coa combustión de gasolina pura. Entre estes, atópanse materiais particulados, [[dióxido de carbono]], [[monóxido de carbono]], [[hidrocarburo]]s e [[ozono]]. Por outra banda, non se aprecia unha redución significativa de óxidos de nitróxeno, e apreciouse un aumento nas emisións de acetaldehidos. <ref>{{Cita publicación periódica|volume=33 |edición=3 |páxinas=233–271|autor=A K Agarwal |título=Biofuels (alcohols and biodiesel) applications as fuels for internal combustion engines|revista=Progress in Energy and Combustion Science |ano=2007 |doi=10.1016/j.pecs.2006.08.003}}</ref>.
 
Aínda así, un estudo sobre o ciclo de vida dos combustibles, determinou que as mesturas de gasolina con etanol ocasionan menores índices de emisión de [[gases de efecto invernadoiro]] e dióxido de carbono. Esta redución de contaminantes depende da materia prima da que se derive a produción do etanol usado. Neste sentido, o uso de materiais forestais amosan o balance máis positivo <ref>{{Cita publicación periódica