Nogueira común: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Descrición: Arranxos varios
Liña 25:
 
== Descrición ==
A nogueira común é unha árbore caducifolia que chega a medir ata 25 ou 35 metros, con troncos de ata 2 metros de diámetro. En xeral o tronco é curto e a carrouceira ampla, en especial nos exemplares illados é unha especie que esixe zonas ben soleadas para medrar ben. A casca é suave de cor gris prateado, espallada con amplas gretas máis ásperas. Coma tódalas nogueiras o [[endocarpo]] das polas máis finas ten bolsas de aire. As follas ordénanse en espirais de entre 25 e 40 cm son imparipinnadas, con de 5 a 9 follas por grupo. As follas máis longas son as tres de cada ápice. 10-1810–18 cm ó longo e 6-86–8 cm ó ancho. O par de follas basais é moito máis pequeno: 5–8 cm de lonxitude. As flores masculinas son [[amentos]] colgantes de 5 a 10 cm de lonxitude, as femininas son terminais, agrúpanse en acios de dúas a cinco flores que, no outono, maduran en forma dun froito de casca verde e semiflexible que cobre unha carabuña engurrada de cor marrón: a [[Noz (froito da nogueira)|noz]]. O froito enteiro, incluída a casca, cae no outono. A semente é grande, cuberta dunha pel fina e comestible.
 
== Cultivo e usos ==