Metafonía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 10 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1631468
m →‎Características: Arranxos varios
Liña 15:
No caso de /'mεdo/ as únicas zonas sen metafonía son as do galego máis oriental e tamén o [[galego exterior]]. Hai un claro dominio de /'medo/ no resto do territorio galego.
 
Non pasa o mesmo en ''ollo'', que se pronuncia sen metafonía /'ɔλo/ na totalidade da [[provincia de Ourense]], no galego exterior, en [[Lugo]] (aínda que nalgúns sitios hai algo de metafonía coma no [[Ortegal]]), e tamén concellos fronteirizos entre [[Pontevedra]] e [[Ourense]]. [[Manuel Ferreiro Fernández|Manuel Ferreiro]] refire que nalgúns caso a metafonía serve para diferenciar significados como entre ollo da cara e ollo dun obxecto. A metafonía provocada por -a final é moito menos común na Galiza.
 
Nos dialectos portugueses centro-meridionais o sistema é lixeiramente diferente, pois alí diferenciase entre o singular con metafonía e o plural sen ela. Williams di que isto se debe a que o '''-s''' final fixo máis lenta a evolución da pronuncia do '''o''' postónico a '''-u''' e polo tanto detivo a metafonía.