Eurocomunismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
m Engado modelo:Comunismo e cat
m Arranxos varios
Liña 1:
O '''eurocomunismo''' é o intento nos [[1970|anos 1970]] de varios partidos comunistas europeos de anchear a súa influencia incluíndo temas de [[clase media]], rexeitando o apoio incondicional á [[URSS]] e expresando claramente a fidelidade aos procesos [[pluripartidismo|pluripartidistas]] nos países occidentais. Foron precisamente os partidos comunistas máis fortemente enraizados nas súas respectivas sociedades -caso notable do [[Partido Comunista Italiano]] (PCI) e do [[Partido Comunista Francés]] (PCF)- os máis proclives a adoptar a liña eurocomunista, mentres que partidos máis pequenos e marxinais (como o [[Partido Comunista de Gran Bretaña]]) quedaron máis dependentes da patrocinaxe de [[Moscova]]. O [[Partido Comunista de España]] (PCE) e o Partido Socialista Unificado de Cataluña ([[Partit Socialista Unificat de Catalunya|PSUC]]) foron legalizados logo da [[ditadura]] de [[Francisco Franco|Franco]] cunha liña esencialmente eurocomunista, o que lles custou as respectivas escisións do [[PCPE]] e o [[Partido Comunista Cubano|PCC]]. Os partidos comunistas de [[Portugal]], [[Austria]] ou [[Grecia]] tamén mostraban distintas tendencias eurocomunistas, pero foron sempre minoritarias.
 
== Historia e características ==
Liña 5:
 
=== Bases do eurocomunismo ===
O eurocomunismo, en definitiva, considera que é extremadamente difícil realizar unha revolución socialista nos países capitalistas. Por este motivo, o partido debía de exercer o papel de liderado a traverso dunha vangarda proletaria e dunha organización baseada en cadros, para converterse nun partido de masas. Dita táctica conduciría nun futuro, segundo os eurocomunistas, a ampliar a súa base social, co que sería posible chegar ao goberno en eleccións pluripartidistas. Hai que sinalar que o eurocomunismo, como indica Carrillo, non renega da revolución; a súa aposta pola reforma é táctica, ante o que consideran unha enorme dificultade de revolución nos países capitalistas.
 
Antes de que o fin da [[Guerra Fría]] puxese a practicamente todos os partidos de esquerda de Europa á defensiva e as reformas neoliberais estivesen á orde do día, moitos partidos comunistas tiveron escisións, coa parte dereitista (como os Demócratas de Esquerda ou Iniciativa per Catalunya) adoptando sinceramente a socialdemocracia, mentres que as ás de esquerda esforzáronse en manter indentificables posicións comunistas (como o Partido da Refundación Comunista ou o PCC en Cataluña).
 
== Críticas ao eurocomunismo ==
 
Realizáronse críticas ao eurocomunismo dende diversas correntes políticas. Algúns autores acusan aos eurocomunistas de non romper definitivamente coa [[URSS]] (o PCI só tomou este paso en 1981 logo da represión contra [[Solidarność]] en [[Polonia]]), aínda que isto parecese a consecuencia natural do desenvolvemento da súa ideoloxía. Esta ''timidez'' explicouse co medo a perder aos vellos militantes dos partidos, educados na admiración á URSS, ou por unha esixencia da [[realpolitik]] de manter o apoio ao primeiro país en aplicar o socialismo.
 
Outros críticos apuntan ás dificultades dos partidos eurocomunistas para desenvolver unha estratexia clara e recoñecible. Estes críticos observan que os eurocomunistas sempre reclamaran ser diferentes, non só do comunismo soviético, senón tamén da socialdemocracia europea, pero nunca desenvolveron un programa orixinal e crible.
 
Algúns críticos [[liberalismo|liberais]], como o historiador francés [[François Furet]], ven no eurocomunismo o intento de absolver ao comunismo dos crimes soviéticos.
 
Os [[leninismo|leninistas]] acusan aos eurocomunistas de traidores á causa obreira, e de aspirar ao socialismo a través de métodos erróneos. Para os leninistas non é posible aspirar a un goberno comunista a través de reformas, senón dunha revolución.
 
Dende un punto de vista [[trotskismo|trotskista]], [[Ernest Mandel]] en ''Os amargos froitos do socialismo nun só país'' [http://www.espacioalternativo.org/node/1595] ve o eurocomunismo como un desenvolvemento subseguinte da decisión tomada pola URSS en 1924 de abandonar o obxectivo da revolución mundial e concentrarse no desenvolvemento social e económico da URSS, o así chamado ''socialismo nun só país''. Por isto, considera aos eurocomunistas do PCI e o PCF como movementos [[nacionalismo|nacionalistas]] que xunto á URSS abandonaron o [[Internacionalismo (política)|internacionalismo]], como fixo a maioría dos partidos socialdemócratas da [[Segunda Internacional]], durante a [[Primeira Guerra Mundial]] cando apoiaron aos seus gobernos nacionais no proceso da guerra.
Liña 27:
=== Bibliografía ===
* Carrillo, Santiago. 1977. ''Eurocomunismo y Estado''. Editorial Crítica. Madrid.
* Claudín, Fernando. 1977. ''Eurocomunismo y socialismo''. Siglo XXI Editores, México D.F. ISBN 968-23-0234-X.
 
{{Comunismo}}