William Styron: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=a%C3%ADnda
m →‎Primeiras novelas: Arranxos varios
Liña 27:
Logo de graduarse en 1947, Styron traballou coma editor para [[McGraw-Hill]] en [[Nova York]], algo que reflectiría negativamente en ''Sophie’s Choice,'' unha novela multifacética, e tamén autobiográfica. Fixo por que o despediran e púxose a traballar no seu primeiro proxecto narrativo serio, que desembocaría, tres anos despois, na novela ''[[Lie Down in Darkness]]'' (1951), unha especie de saga familiar ambientada en Virxinia. A novela foi fantasticamente recibida pola crítica, sendo incluso premiada: o prestixioso [[Premio Roma]], concedido pola [[Academia Americana en Roma]] e a [[Academia Americana de Artes e Letras]].
 
Xusto despois do premio foi novamente chamado a filas para participar na [[Guerra de Korea]], onde finalmente non participou logo de librar en [[1952]] debido a problemas de visión. Todas estas vivencias personais no exército, maioritariamente en Camp Lejeune en [[Carolina do Norte]] transformounas nunha novela curta, ''[[A longa Marcha]]'', que publicou por capítulos durante [[1953]]. En [[1958]] foi adaptada para o episodio [[Playhouse 90]].
 
Styron pasou moito tempo en [[Europa]]. En [[París]], cultivou amizades entre escritores coma [[Romain Gary]], [[George Plimpton]], [[Peter Matthiessen]], [[James Baldwin (writer)|James Baldwin]], [[James Jones (author)|James Jones]] e [[Irwin Shaw]], entre outros. O grupo fundou a revista ''[[Paris Review]]'' en [[1953]], unha publicación literaria que acadou moita sona.
 
O ano 1953 foi productivo noutro sentido. Finalmente, e grazas ao Premio Prize, viaxou a Italia. Na Academia Americana, volveu atopar coa poeta de [[Baltimore]], Rose Burgunder, a quen coñecera o outono anterior na [[Universidade Johns Hopkins]]. Casaron en [[Roma]] na [[primavera]] de 1953.
 
Algunhas das súas experiencias coláronse e inspiraron ''[[Set This House on Fire]]'' (1960), unha novela sobre intelectuais americanos [[expatriado]]s na [[Riviera francesa]]. A novela recibiu, no mellor dos casos, críticas neutras ou indiferentes en Estados Unidos, inda que a editorial cumpriu expectativas, no que a exemplares vendidos se refire. Con todo, en Europa, foi traducida ao [[lingua francesa|francés]] e acadou a categoría de ''éxito de vendas'', superando con moito a edición americana.