Daltonismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
{{Sen referencias}}
m Arranxos varios
Liña 3:
[[Ficheiro:Testcol2.png|miniatura|Test de daltonismo (algunhas persoas daltónicas non poden ver o número inserto na imaxe).]]
 
O '''daltonismo''' -denominado así polo [[Física|físico]] [[inglaterra|inglés]] [[John Dalton]], quen o padecía- é un defecto [[xenética|xenético]] consistente na imposibilidade de distinguir as [[cor]]es (''discromatopsia''). Aínda que ningún [[daltónico]] confunde as mesmas cores, é moi frecuente que confundan o [[verde]] e o [[vermello]]; con todo, poden ver máis matices do [[Violeta (cor)|violeta]] que as persoas de visión normal e son capaces de distinguir obxectos camuflados. Tamén hai casos nos que a incidencia da luz pode facer que varíe a cor que ve o daltónico.
 
O defecto xenético é herditario e vai vencellado ao sexo, debido a que se transmite por un alelo [[recesivo]] ligado ao [[cromosoma X]], o que produce un notable predominio no home entre a poboación afectada. A muller pode portar a enfermidade en casos non tan comúns coma nos homes, e a transmite aos seus fillos homes. Probablemente, a metade dos seus fillos serán portadores. A transmisión xenética é igual que na [[hemofilia]].
 
== Como se perciben as cores? ==
Ao mirar un obxecto con cor, a cor percibida nese momento pode variar dependendo de cando se volva mirar. Por exemplo, á noitiña as cores semellan diferentes de cando se ven coa luz do Sol, e tampouco é o mesmo a percepción con luz natural ou con luz artificial. Por iso ao elixir cores para decorar un interior debe terse en conta o tipo de luz ou a fonte de luz que hai na habitación: se a luz é natural ou artificial, se hai moita ou pouca luz, se a luz é directa ou indirecta etc.
 
=== Por que se ven os obxectos de determinadas cores? ===
Os obxectos absorben e reflicten a luz de forma distinta dependendo das súas características físicas, como a súa forma ou composición etc. A cor que percibimos dun obxecto é o raio de luz que rexeita. Nós captamos eses -rebotes- con diferentes lonxitudes de onda, por medio dos ollos grazas á súa estrutura. Se os raios de luz atravesan ao obxecto, este é invisible.
 
As células sensoriais (fotoreceptores) da [[retina]] que reaccionan de forma distinta á luz e as cores chámaselles [[bastón (célula)|bastóns]] e [[cono (célula)|conos]] respectivamente.
 
Os bastóns actívanse na escuridade, e só permiten distinguir o [[Negro (cor)|negro]], o [[branco]] e os distintos [[gris]]es. Permítenos percibir o contraste.
 
Os conos, en cambio funcionan de día e en ambientes iluminados, e fan posible a visión das cores. En realidade hai tres tipos de conos; un especialmente sensible á luz [[vermello|vermella]], outro á luz [[verde]] e un terceiro, á luz [[azul]]. Cada cono (célula) está conectado individualmente co centro visual do cerebro por medio do nervio óptico.
 
A combinación destas tres cores: vermello, [[amarelo]] e azul é suficiente como para ver uns 20 millóns de cores distintas. Así por exemplo o [[Laranxa (cor)|laranxa]] é vermello cun pouco de amarelo e o violeta é azul cun pouco de vermello. É no [[cerebro]] onde leva a cabo esta interpretación, pois no ollo só se capta a luz.
 
Os daltónicos non distinguen ben as cores por erro dos xenes encargados de producir os [[pigmento]]s dos [[cono (célula)|conos]]. Así, dependendo do pigmento defectuoso, a persoa confundirá unhas cores ou outras. Por exemplo se o pigmento defectuoso é o do vermello, o individuo non distinguirá o vermello nin as súas combinacións. Tamén pode darse o daltonismo por falta dun tipo de cono, tendo así só dous.
Liña 25:
== Tipos de daltonismo ==
=== Monocromáticos ===
Como o seu nome indica, estes individuos só posúen un tipo de cono e só poden ver un tipo de cor.
 
=== Dicromáticos ===
Estas persoas posúen dous tipos de conos. A afección preséntase con variantes, poden haber individuos cegos á cor vermella, individuos que confunden sombras de vermello, verde e amarelo; ou individuos cegos ao azul e que á súa vez confunden sombras de verde e azul ou laranxa e rosa.
 
=== Tricromáticos anómalos ===
É cando a persoa posúe os tres tipos de conos, con defectos funcionais, polo que confunden unha cor con outra. É o grupo máis abondoso e común de daltónicos, teñen tres tipos de conos, pero perciben as tons das cores alteradas. Adoitan ter defectos semellantes aos daltónicos dicromáticos, pero menos notables.
 
=== Acromáticos ===
É cando os conos das persoas non funcionan e só teñen visión en branco e negro. Esta condición é moi rara xa que se viu en moi poucos casos.
 
== Curiosidades ==