Connecticut: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m (GR) File:USS Connecticut BB-18.jpgFile:USS Connecticut - NH 73318.jpg higher resolution version of the same image
m Arranxos varios
Liña 79:
En [[1808]], Eli Terry inventou o primeiro método de produción masiva de reloxos do mundo. En [[1810]], a primeira fábrica téxtil do Estado foi inaugurada. [[Samuel Colt]] fundou unha fábrica de armamento en [[1836]]. En [[1839]], [[Charles Goodyear]] descubriu o método de vulcanización da goma. Entón, Connecticut era un polo nacional da industria téxtil. Un eficiente sistema de transportes foi un importante factor para a rápida industrialización de Connecticut durante o século XIX. Entre as décadas de 1830 e 1860, o Estado recibiu gran cantidade de inmigrantes [[Canadá|canadenses]] e europeos, principalmente [[Irlanda|irlandeses]].
 
Connecticut apoiou activamente a Unión durante a [[Guerra Civil Estadounidense]]. Máis de 50 mil homes de Connecticut uníronse á tropas da Unión. A guerra acelerou aínda máis o proceso de industrialización de Connecticut. Isto, unido ao pequeno tamaño do Estado, fixo que logo da guerra a industria superase á agricultura como principal fonte de renda do Estado, e acelerou o proceso de migración poboacional dos campos cara ás cidades. Durante a década de 1870, máis da metade da poboación de Connecticut vivía en cidades. Durante as décadas finais do século XIX e o inicio do [[século XX]], gran número de inmigrantes, principalmente [[Alemaña|alemáns]], [[Irlanda|irlandeses]] e [[Italia|italianositalia]]nos, instaláronse en Connecticut. A maior parte destes novos habitantes fixérono nas cidades. Ao final da década de 1900, máis da metade da poboación de Connecticut vivía en cidades, e preto de 30% da poboación do Estado nacera fora do país.
[[Ficheiro:USS Connecticut - NH 73318.jpg|250px|dereita|miniatura|''USS Connecticut'' (BB-18).]]
En [[1910]], New London pasou a ser sede da [[Gardacostas dos Estados Unidos|Garda Costeira dos Estados Unidos]], ata entón situada en [[Maryland]] e en [[Massachusetts]]. A [[Armada dos Estados Unidos|armada]] americana fundou unha base en [[Groton, Connecticut|Groton]], en [[1917]]. Durante a [[Primeira Guerra Mundial]], diversas fábricas de armamentos foron construídas no Estado.
Liña 206:
* 2,2% Dous ou máis razas
 
Os cinco maiores grupos étnicos de Connecticut son [[Italia|italianositalia]]nos (que supón o 18,6% da poboación do Estado), [[Irlanda|irlandeses]] (16,6%) [[Inglaterra|ingleses]] (10,3%), [[Alemaña|alemáns]] (9,9%) e afroamericanos (9,1%).
 
=== Relixión ===