Alfredo Vilas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 9:
Presidente do Círculo Republicano santiagués e participante en multitude de mitins, banquetes literarios e políticos da época cos seus tradicionais brindes e discursos, a súa fama como "elocuentísimo orador", na terminoloxía habitual da prensa do momento, estaba xa consolidada cando en 1886 actuou de presentador en varios mitins de [[Emilio Castelar]], como os de [[Betanzos]] ou [[Ferrol]]. Polos eloxios deste, así como as entusiastas crónicas dalgúns correspondentes da prensa galega, fixo fortuna o apelativo de Alfredo Vilas como "El Castelar gallego", que o acompañou dende aquela.
 
En [[1891]] pronunciou un discurso ao paso do cadaleito de [[Rosalía de Castro]] durante o seu traslado a [[San Domingos de Bonaval]]. Dende un balcón situado fronte á Universidade (actual facultade de historia), e ao berro de "Deteneos!", as palabras de Vilas romperon a estrita censura que a igrexa marcara para aquela xornada, fóra dos actos relixiosos. Segundo lembraba a Gaceta de Galicia anos despois, "un home valeroso ergueu a súa fronte e axitou os seus brazos sobre a multitude sobrecollida. E diante da suxestión dunha voz admirada, a voz dun grande e elocuente tribuno popular, a comitiva chantou as súas plantas sobre o chan e escoitou a súa prédica (...). Aquel discurso de Alfredo Vilas foi o primeiro paso de xigante na glorificación da autora de Follas Novas"<ref>"Galicia va a pagar su deuda con Rosalía Castro", en ''[[Gaceta de Galicia]]'', 7 de marzo de 1914, pax. 1</ref>
 
En [[1896]], coincidindo co traslado da audiencia provincial á [[A Coruña|Coruña]], Alfredo Vilas estableceu nesta cidade o seu bufete, e durante uns anos exerceu de líder do republicanismo coruñés, sendo síndico do concello. Decepcionado polo ton conservador dos republicanos coruñeses (aspecto comentado por [[Castelao]] en ''[[Sempre en Galiza]]'', onde cita a [[Curros Enríquez]] e Alfredo Vilas como contrapostos a ese republicanismo que transixía co caciquismo), Vilas retirouse da primeira liña da política nos seus últimos anos, aínda que en [[1902]] deu un sonado mitin en réplica á campaña do ultraconservador [[Ramón Nocedal]].
Liña 19:
Probablemente por non ter unha sólida obra escrita, e a súa brillantez oratoria estar recollida só pola prensa, e "de oídas" a maioría das veces, a figura de Alfredo Vilas semella estar bastante esquecida, en contraste coa notoriedade social e política acadada en vida. A falla de sucesores directos motivou tamén a perda dos seus arquivos e legado, contribuíndo a esta escuridade biográfica. [[Antón Vilar Ponte]] adicoulle un artigo<ref>"Cosas nuestras.(Con motivo de la muerte de Alfredo Vilas)", Vilar Ponte, Antón, en ''[[Revista Gallega]]'' - N. 499, pax. 4 e 5</ref> á súa morte no que lamentaba o modo en que a prensa galega empequenecía o seu valor ao chamalo "El Castelar gallego", sendo para el superiores as súas dotes oratorias ás do presidente da primeira república.
 
En vida, deu nome a unha avenida na [[illa da Toxa]], e tras do seu pasamento, unha rúa da zona vella da [[A Coruña|Coruña]] levou o seu nome, até que foi mudado polo actual de Historiador Bedía.
 
== Notas ==
Liña 28:
* {{Cita libro |título= José Pasín Romero: Memoria do proletariado militante de Compostela|nome= Dionisio|apelidos= Pereira|ligazónautor= Dionisio Pereira|coautores= |ano= 2012|editor= Fundación 10 de Marzo|localización= Santiago de Compostela|isbn= 978-84-939921-0-1}}
 
{{ORDENAR:Vilas Iglesias, Alfredo}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Vilas Iglesias, Alfredo}}
[[Categoría:Personalidades da política de Galicia]]
[[Categoría:Avogados de Galicia]]