Batalla de Rande: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: Centro de Interpretación da Batalla e o Patrimonio Cultural de Rande
Isili0n (conversa | contribucións)
Tanto a Ortografía da lingua galega e as Pautas para un correcto uso da linguaxe din: "No caso de apareceren os substantivos: guerra, batalla, cruzada etc., escribiranse en minúscula por tratarse de nomes xenéricos: guerra dos Balcáns...".
Liña 34:
|}}
 
A '''Batallabatalla de Rande''' foi unha importante batalla naval librada no [[estreito de Rande]] e na [[enseada de San Simón]], no interior da [[ría de Vigo]], o [[23 de outubro]] de [[1702]]. Enfrontou ás escuadras das coalicións anglo-holandesa e hispano-francesa, dentro do contexto da [[Guerra de Sucesión Española]].
 
== A batalla ==
Liña 44:
O [[2 de outubro]], mentres os ingleses dirixidos por [[George Rooke]] atacaron sen éxito [[Cádiz]], a frota española comeza a desembarcar o seu cargamento en [[Baiona]]. O [[17 de outubro]] o [[Capitán Hardy]], a bordo do ''Pembroke'', informa a Rooke de que a Frota de Indias se retirara cara ao norte pola costa portuguesa, información recollida polo seu Capelán, e o día 18 convocouse un consello de guerra no [[buque insignia]] ''Royal Sovering'' no que se decide dirixir a escuadra cara á ría.
 
O [[21 de outubro]], o [[Marquésmarqués de Châteaurenault]], que tiña ao seu cargo a custodia da frota española, decide refuxiarse no fondo da ría, dispoñendo as súas naves para a defensa dos [[galeón]]s españois. O día 22 a escuadra anglo-holandesa entra na ría, e fondea pola tarde, baixo o incesante bombardeo do [[forte de Vigo]].
 
O día 23 o [[Duque de Ormond]] desembarca en [[Teis, Vigo|Teis]] con 2.000 homes, e Churchill fai o mesmo en [[Domaio, Moaña|Domaio]] co obxectivo de atacar e paralizar o bombardeo dos fortes de [[forte de Corbeiro|Corbeiro]] e [[forte de Rande|Rande]]. Silenciados os canóns, comezou o ataque por mar.
Liña 50:
A artillería francesa contivo os primeiros ataques, pero Hopson logrou romper a barreira que impedía o paso do estreito a bordo do ''Torbay'', o buque insignia británico, armado con picos. A frota anglo-holandesa logrou así penetrar no fondo da ría, e ante a falta de espazo para as manobras recorreuse á abordaxe. A loita corpo a corpo combinouse co uso de material incendiario, decidíndose a vitoria pola gran diferenza numérica entre as escuadras.
 
O Marquésmarqués de Châteaurenault ordenou incendiar os propios barcos cando estaba todo perdido para evitar que caesen nas mans do inimigo. Mentres, [[Gaspar Antonio de Zúñiga]], o [[Príncipe de Barbanzón]], Capitán Xeral de Galicia, ordenou poñer a salvo o pouco que quedaba por descargar do [[quinto real]], transportándose ata [[Lugo]] e dende alí a [[Segovia]].
 
Morreron uns 2.000 homes do bando hispano-francés e uns 800 do anglo-holandés. Ademais, os franceses perderon os seus mellores buques de guerra, e os españois quedaron sen barcos para a carreira de Indias.
 
[[Ficheiro:20000 Vigo Bay.jpg|miniatura|Ilustración da Batallabatalla de Rande en ''[[Vinte mil leguas baixo dos mares]]'', de [[Jules Verne]], na edición de [[Pierre-Jules Hetzel]].]]
Se ben a batalla foi axiña silenciada en España (en parte polo éxito no balance total da Guerra de Sucesión, coa consolidación dos [[Borbón]]s no trono), a vitoria de Inglaterra e Holanda acadou enorme difusión en toda Europa. En [[Londres]] existe a ''Vigo Street'', en conmemoración da batalla, e [[Jules Verne]] falou dos tesouros de Rande na novela ''[[Vinte mil leguas baixo dos mares]]''.