Club Deportivo Estradense: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&id=2450160
Liña 24:
 
== Historia ==
O equipo foi fundado en [[1925]] por Emilio Velasco García, comandante do Batallón de Reserva da Estrada e primeiro presidente do Club, e mais o empresario Jesús Durán Taboada. Pediron a colaboración do alcalde [[Benito Vigo Munilla]], mais non houbo respaldo por falta de orzamento. O equipo naceu con xogadores aficionadosafeccionados da vila e algún militar do destacamento local, coa idea de federar o club a curto prazo. Por entón non había un lugar para practicar fútbol, debido a que no antigo Campo da Pira se construíra a Praza de Abastos.
 
O primeiro partido xogouse en [[Caldas de Reis]] o 31 de maio de 1925 contra un equipo de Padrón, con vitoria do Estradense por 3-2. O uniforme foi camisa de cor vermella, e o primeiro equipo estaba formado por Pereira; Lueiro, Jesús; Emilio, Cándido, Xestoso; Rey, Carballeda, César, Campos e Pepucho. Xogáronse posteriormente varios encontros noutras localidades, con numerosa presenza de aficionadosafeccionados estradenses atraídos polas excursións organizadas en paralelo ós partidos.
 
A xunta directiva alugou un terreo onde está o chalé da familia Blanco, para construír un campo, coñecido como A Decoita ou O Barrio Novo. Nel xogouse o primeiro partido oficial en abril de 1926 contra o Trust Escolar de [[Santiago de Compostela]]. O partido rematou 4-3 a prol do Estradense, que formaron con Cándido, Díaz, Mella; Juanito, Cándido, Cantón; Seso, Rey, Reino, Jesús e Carballeda. No ano 1926 o Deportivo Estradense figura federado na Serie C Rexional, terceira categoría a nivel galego.