Distrito de Leiria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 58:
No sector secundario, Leiria é o distrito líder na fabricación de moldes metálicos, tendo igualmente unha grande importancia as industrias extractiva, transformadora e da construción civil. As industrias atópanse principalmente nos concellos de [[Leiria, Portugal|Leiria]], [[Alcobaça]], [[Marinha Grande]], [[Pombal, Portugal|Pombal]] e [[Caldas da Rainha]], que proporcionan o 70 % das unidades industriais do distrito e 75 % do emprego neste sector.
 
Finalmente, o sector terciario supón máis do 50% de todo o tecido empresarial do distrito. A poboación activa relacionada con este sector medrou progresivamente nos últimos anos. Este crecemento foi sensibelmente proporcional ao incremento poboacional nos arredores dos principais centros urbánsurbanos, situándose xa por riba do 40%.
Máis de 70% das empresas deste sector están ligadas ao comercio. Tamén existen importantes empresas de transportes, de servizos de saúde privados e públicos e unha notábel rede escolar, con varias Universidades privadas e seis Escolas Superiores do Instituto Politécnico de Leiria, situadas nesta cidade, en [[Caldas da Rainha]] e en [[Peniche]].
Tamén a prensa, falada e escrita, ten no distrito delegacións dos principais órganos portugueses.
 
== Infraestruturas ==
O transporte ferroviario do distrito é un punto débil, debido á visíble decadencia da liña do Oeste. Para solucionalo está proxectada unha futura liña de alta velocidade.