Jean Genet: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 39 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q184622
m Arranxos varios
Liña 4:
 
==Traxectoria==
Genet, fillo ilexítimo dunha prostituta, Camille Gabrielle Genet, que o abandonou cun ano de idade á Asistencia Pública (unha organización que supervisa o coidado dos fillos non desexados), e dun obreiro, François Genet, viviu dende os oito anos cun carpinteiro de [[Morvan]] e coa súa familia, os cales foron vítimas dos seus primeiros roubos. A infancia do escritor estivo marcada por numerosos roubos e intentos de fuga, chegando a ser acusado de furto con dez anos de idade. A súa adolescencia non foi menos escabrosa, marcada por numerosas estancias en varias prisións xuvenís, como a de [[Mettray]], [[Fresnes]] ou [[Santé]], chegando incluso a prostituírse. Aos dezanove anos uniuse á Lexión Estranxeira Francesa, pero pronto a abandona (xa que foi declarado culpable de realizar actos impúdicos cun compañeiro) para dedicarse a deambular por diversos lugares de [[Europa]]. Nesta etapa da súa vida foi acusado de [[homosexualidade]], contrabando e roubo. A partir de [[1930]] a súa vida oscilará entre cárcere e cárcere; nove anos despois Jean Genet comeza a escribir.
 
En [[1937]] regresa a París, onde tamén pasará longas temporadas no cárcere, acusado novamente de roubo, mendicidade, condutas obscenas e falsificación de documentos. Tras dez condenas consecutivas, o escritor foi condenado a cadea perpetua; porén, mercé a figuras da vida artística e intelectual francesa, coma [[Jean-Paul Sartre]], [[André Gide]] ou [[Jean Cocteau]] (os cales quedaran marabillados pola obra de Genet), o escritor francés consegue o indulto; a partir de entón Genet non volveu ser encarcerado.
 
No [[1949]], Genet xa ten publicados cinco novelas, tres obras teatrais e varios poemas, obras que foron censuradas debido aos seus temas escandalosos para a época, tales como a homosexualidade ou o crime, pois estes eran retratados dunha maneira explícita e provocadora. Por causa da gran depresión que lle causou a Genet a lectura do ensaio de Sartre, ''Saint Genet comédien et martyr'', no que facía unha análise da súa propia figura, o escritor francés deixou de escribir durante anos. En [[1964]] fixo un intento de [[suicidio]] despois de que a persoa coa que estaba mantendo unha relación por aquel entón se quitara a vida.
Liña 15:
A obra de Genet, quen cultivou a prosa, a poesía e o teatro, evoca unha una profunda rebelión contra a sociedade e as súas convencións. A súa prosa caracterízase por unha gran cantidade de imaxes e polo emprego da linguaxe propia das capas máis desfavorecidas da sociedade. A súa primeira novela, ''Notre-Dame des Fleurs'' ([[1944]]), constitúe un traballo autobiográfico sobre a homosexualidade e a vida dos baixos fondos.
 
En [[1947]] Genet escribiu teatro, un xénero no que constrúe as súas obras máis sorprendentes. Coa obra ''Les Bonnes'' (1947), que gozou dun gran éxito, marcou a súa entrada no movemento denominado como [[teatro do absurdo]]. Na obra, as criadas vanse trocando para interpretar o papel sa súa dona, procurando as súas identidades nun contexto que flutúa entre a realidade e a fantasía. Noutras das súas obras, como ''Haute surveillance'' ([[1949]]), ''Le Balcon'' ([[1957]]), ''Les Nègres'' ([[1959]]) e ''Les Paravents'' ([[1961]]), Genet utilizou frecuentemente o cambio de papeis e a inversión entre o ben e o mal como técnicas para subliñar a falsidade entre os valores sociais e políticos.
 
En definitiva, a obra de Jean Genet expresa unha profunda simpatía cara aos desherdados e os marxinados sociais, expostos sempre aos perigos que a vida na rúa trae consigo, tales como os delitos ou a morte. Aínda que os seus escritos foron considerados pornográficos, Genet foi pronto definido como un [[existencialismo|existencialista]] preocupado polos problemas da identidade e da alienación, chegando a ser recoñecido como un dos escritores máis importantes do século XX.
Liña 45:
===Filme===
* ''[[Un chant d'amour]]'' ([[1950]])
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Genet, Jean}}