Also sprach Zarathustra (Strauss): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&id=2420536
Liña 2:
'''''Also sprach Zarathustra''''', Op. 30 (en [[lingua galega|galego]] '''''Así falou Zaratustra''''') é un [[poema sinfónico]] do compositor [[Alemaña|alemán]] [[Richard Strauss]], composto no ano [[1896]] e estreado o [[27 de novembro]] dese mesmo ano en [[Frankfurt]] baixo a batuta do propio compositor. O poema sinfónico dura aproximadamente 40 minutos.
 
O autor inspirouse na [[Also sprach Zarathustra|obra homónima]] do filósofo [[Friedrich Nietzsche]].<ref name=oldandsold>[http://www.oldandsold.com/articles06/sy49.shtml Richard Strauss - Tone-Poem, Death and Transfiguration, Opus 24] en Old And Sold</ref> Adoita considerarse este poema sinfónico como un intento fallido de expresar musicalmente as ideas filosóficas que encerraba a obra de Nietzsche, tentando presentar nada menos que a evolución humana ata o "superhome" descrito polo filósofo alemán; non obstante Strauss consigue presentar unha obra de con fermosos e profundamente emotivos pasaxes.<ref name="Moreno">Juan Carlos Moreno, ''Strauss: Así habló Zaratustra, Till Eulenspiegel, Don Juan, Cuatro útimos lieder'', RBA Coleccionables ISBN 84-473-4599-8</ref>
 
A obra foi parte do repertorio clásico desde a súa estrea en 1896. A [[fanfarria]] inicial (titulada "Amencer" nas notas do programa do compositor)<ref name=LA>[http://www.laphil.com/philpedia/piece-detail.cfm?id=673 LA Philharmonic Piece Detail]</ref> popularizouse co seu uso na película de [[Stanley Kubrick]], de 1968, ''[[2001: A Space Odyssey]]''.
Liña 29:
{{Cita centrada|Non me propuxen facer música filosófica, senón un cadro de desenvolvemento da raza humana dende as súas orixenes ata chegar á concepción nietzscheana do superhome.|autor=Richard Strauss<ref name=Moreno/>}}
 
O programa de ''Also sprach Zarathustra'' é filosófico nun dobre sentido: trátase dun comentario musical do célebre poema en prosa de Nietzsche (cuxa doutrina do superhome que axitaba a toda [[Europa]] a finais do [[século XIX]], e esta elección temática típica da intuición do valor da publicidade áltamente desenvolvido por Strauss.<ref name="Grout">Grout & Palisca, ''Historia de la Música Occidental'' (vol. 2, pp 857-859), Alianza Música ISBN 84-206-7893-7</ref> A influencia do filósofo alemán queda patente ademais nos títulos das diferentes seccións musicais, que levan o nome de títulos do libro. A partitura de feito leva como epígrafe os versos de Nietzsche:
 
{{Cita centrada|Durante demasiado tempo, a música soñou; agora queremos permanecer despertos. Eramos noctámbulos, viaxeiros da noite; queremos chegar a ser viaxeiros do día.|autor=Friedrich Nietzsche<ref name=Moreno/>}}
Liña 102:
<li>'''Das Tanzlied''' (''A canción do baile'')</li>
 
A penúltima sección é a máis desenvolvida de toda a obra. A danza, que para Nietzsche é o símbolo do dionisíaco, da forza primixenia, faise con toda a partitura. A trompeta expón o tema da introdución, sobre un tapede de trinos tendido polas frautas, é unha pasaxe calma, logo xogando co tema da trompeta a corda dálle paso ao principal solo de violín concertino que ten a obra, este, apoiado polo seu compañeiro de atril; dito solo a dobre corda, é un tema de valsvalse vienés; logo o tema desenvólvese por toda a orquestra con predominio do concertino. Para o Strauss bávaro o valsvalse é desexo de vida e por elo fai que Zarathustra o baile. A danza deriva nunha versión cada vez máis triunfal cun tutti en fortíssimo dá fin ao episodio e lígao co seguinte.
 
<li>'''Nachtwandlerlied''' (''Canción do sonámbulo'' ou ''Canto do viaxeiro nocturno'')</li>