Colexio dos xesuítas de Camposancos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
== Historia ==
Situado á beira do [[Río Miño]], preto da desembocadura, foi fundado en 1875. Por primeira vez en [[España]], os xesuítas intentaban instituír unha [[universidade]] privada. O [[colexio]] chegou a contar cun prestixio enorme ata o punto que del xurdiron dúas notables institucións como a [[Universidade de Deusto]] e a [[Universidade Pontificia de Comillas]]. Entre os profesores máis destacados estivo [[Baltasar Merino]] e entre os alumnos avantaxados que saíron do colexio están o [[político]] pontevedrés [[Manuel Portela Valladares]], que chegaría a ser [[Ministro (goberno)|ministro]] e [[Lista de presidentes de España|presidente do goberno]] coa república; [[José María Montenegro Soto]]; [[Ramón María Aller]]; [[Xosé Franco Montes]]; [[Antón Losada Diéguez]], [[Alejo Diz Jurado]], [[Javier Bugallal Pérez de Castro]]; [[Manoel de Oliveira]] ou [[Javier Ozores Pedrosa]].
 
En 1916 os ocupantes trasládanse a [[Vigo]] e ceden as instalacións a xesuítas [[Portugal|portugueses]], procedentes dun colexio de [[Lisboa]], porén baixo o mandato da [[Segunda República Española|Segunda República]] a orde dos xesuítas foi expulsada e o centro pasou a ser un sanatorio.