Rexión de Atacama: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 34 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q2120
m →‎Historia: arranxiño
Liña 36:
Durante a colonia, foi coñecida como o límite setentrional do país. O [[8 de decembro]] de [[1744]] fundouse a cidade de San Francisco de la Selva, hoxe en día [[Copiapó]]. En [[1789]] fundouse por orde do Gobernador [[Ambrosio O'Higgins]], a cidade de [[Vallenar]].
 
Xa durante o período da República, [[Juan Godoy]] descobre o mineral de [[prata]] de [[Chañarcillo]] en [[1832]]. Grazas a este descubrimento Chile convertiuse nun dos principais produtores deste metal no mundo que permite que poidese brotar a súa propia economía nacional. Para mellorar o transporte do mineral cara o exterior construíuse a primeira [[Ferrocarril|liña férrea]] do país, feita por [[William Wheelright]], mercante mariño norteamericano, unindo a Copiapó con Caldera (1851). Co transcurso do tempo, Santiago, a capital de Chile, comeza a cobrar un imposto á minaría atacameña, dando comezo a un conflito bélico entre Atacama e Santiago, a Revolución de 1859. A pesarespesar de que o bando rexionalista (Exército da revolución constituíntes de Atacama) foi derrotado na Batalla de Cerro Grande 1859, o conflito propiciou a fin da República Conservadora.
 
En 1916 comezou a explotación do [[chumbo]] en Potrerillos, forxando unha buliciosa cidade, que actualmente encóntrase deshabitada e que sobrevive basicamente dos restos da fundición dos minerais, agora explotados na mina de El Salvador.