Amiloplasto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Hilio > hilo.
m Bot: Substitución automática de texto (-meristemo +meristema); cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Potato - Amyloplasts.jpg|dereita|miniatura|Amiloplastos nunha célula de pataca.]]
[[Ficheiro:Plastids types es.svg|miniatura|dereita|Tipos de plastos]]
Os '''amiloplastos''' son un tipo de [[plasto]]s non pigmentados que se atopa nalgunhas [[célula vexetal|células vexetais]]. Estes [[orgánulo]]s son responsables da fabricación e almacenamento de gránulos [[amidón]], por medio da [[polímero|polimerización]] da [[glicosa]] orixinada na fotosíntese, que chega ao orgánulo procedente dos cloroplastos das partes verdes da planta.<ref name=wise>{{Cita libro|last=Wise|first=Robert|título=The Diversity of Plastid Form and Function|publisher=Springer|date=2007|chapter=1|url=http://www.springerlink.com/index/qp032630631337u6.pdf}}</ref> Os amiloplastos tamén [[hidrólise|hidrolizan]] este amidón de novo en azucre cando a planta precisa enerxía. Son moi abundantes os amiloplastos en tecidos de almacenamento como [[tubérculo]]s, como é o caso da pataca, [[cotiledón]]s das sementes, [[endospermo]] de froitos, e en células dos [[meristemosmeristemas]] e células da [[pilorriza]] ou [[caliptra]] da raíz asociadas co [[gravitropismo|xeotropismo]] ou [[xeotropismo|gravitropismo]].
 
Os amiloplastos son [[plasto]]s do grupo dos [[leucoplasto]]s (incoloros, sen [[pigmento]]s). Os plastos son un tipo especializado de orgánulos que posúen o seu propio xenoma e pénsase que descenden de [[cianobacterias]], que estableceron unha relación de [[endosimbiose]] cunha [[célula eucariota]].
Liña 22:
 
==Estatólitos: percepción da gravidade== <!-- Estatólito redirixe aquí -->
Na [[pilorriza]] ou caliptra (un tecido protector situado na punta da raíz da planta) hai un conxunto especial de células, chamadas [[estatocito]]s. Dentro de cada estatocito hai certo tipo especial de amiloplastos, que están implicados na percepcion da [[gravidade]] por parte da planta, fenómeno chamado [[gravitropismo]]. Este tipo de amiloplastos especializados, chamados [[estatólito (botánica)|estatólitos]], son máis densos ca o [[citoplasma]] e poden sedimentar de acordo coa dirección da forza de [[gravidade]]. Os estatólitos están enredados nunha malla de [[actina]] e pénsase que a súa sedimentación transmite o sinal gravitrópico activando [[canais mecanosensitivos]], que son proteínas de membrana capaces de xerar un fluxo eléctrico ou iónico. O sinal gravitrópico causa entón a redistribución das correntes de [[auxina]] (hormona vexetal) na pilorriza ou caliptra e en toda a raíz no seu conxunto. O cambio nas concentracións de auxina conduce a un [[crecemento diferencial]] dos [[Tecido (bioloxía)|tecidos]] da raíz. En consecuencia, a raíz medra torcéndose seguindo a dirección do estímulo gravitatorio ([[gravitropismo|xeotropismo]] positivo). Tamén se atoparon na capa endodérmica do talo das inflorescencias. A redistribución de auxina causa que o gromo creza na dirección oposta do estímulo gravitatorio (xeotropismo negativo do talo).<ref name="ESA Statocytes">{{cite web| url=http://www.esa.int/esapub/sp/sp1206/volka.htm| title=Position of Statoliths in Statocytes from Cress Roots under Changing Gravity Conditions| accessdate=2008-12-12| author=D. Volkmann & M. Tewinkel for the European Space Agency| date=April 1997|publisher=European Space Agency | cita = "The statolith theory of Nemec and Haberlandt predicts that intracellular dense particles such as starch-filled plastids trigger the gravitropic stimulus response chain." ("A teoría dos estatólitos de Nemec e Haberlandt predí que partículas intracelulares densas como plástidos cheos de amidón desencadean a cadea de respostas aos estímulos gravitatorios.") }}</ref><ref>Rujin Chen, Elizabeth Rosen and Patrick H. Masson. [http://www.plantphysiol.org/content/120/2/343.full Gravitropism in Higher Plants]. Plant Physiology June 1, 1999 vol. 120 no. 2 343-350. doi: http:/​/​dx.​doi.​org/​10.​1104/​pp.​120.​2.​343. Cita= "In higher plants the gravity susceptors, or statoliths, are believed to be dense amyloplasts that sediment in specialized cells, or statocytes." ("En plantas superiores os susceptores de gravidade, ou estatólitos, crese que son amiloplastos densos que sedimentan en células especializadas, ou estatocitos.")</ref>
 
== Notas ==